bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 13
Mark 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 14 →
1
Conforme saía do templo, díxolle un dos discípulos: Mestre, mira para aí: que cantería e que construción!
2
Xesús respondeu: Vedes eses grandes edificios? Pois han ser derrubados, ata que non quede pedra sobre pedra.
3
Estando outra vez sentado no Monte das Oliveiras, en fronte do templo, preguntáronlle á parte Pedro, Santiago, Xoán e Andrés:
4
Anda, dinos cando van pasar esas cousas, e como imos saber nós que todo isto vai acabar.
5
Xesús empezoulles a dicir: Estade atentos, para que ninguén vos extravíe.
6
Moitos virán dicindo: "son eu", e extraviarán a moita xente.
7
Cando oiades falar de guerra, ou de rumores de guerra, non vos alarmedes; teñen que vir, pero aínda non será a fin.
8
Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá terremotos e fame en diversos lugares; será o comezo de grandes sufrimentos.
9
Vós tede moito coidado, porque vos entregarán ós tribunais e mais ás sinagogas, zorregaranvos duro e hanvos levar ante reis e gobernadores pola miña causa; así daredes testemuño ante eles.
10
De por parte cómpre que a Boa Nova se anuncie a todas as nacións.
11
E cando vos leven para vos entregaren, non andedes agoniados polo que ides dicir; falade como vos veña á idea no momento; porque non seredes vós, senón o Espírito Santo quen fale.
12
Haberá irmáns que entreguen os seus irmáns á morte; pais, que entreguen os seus fillos; fillos, que denuncien a seus pais, ata os faceren matar.
13
Pola miña causa seredes aborrecidos por todos, pero o que persevere ata o final, ese hase salvar.
14
E cando vexades a abominación da desolación enténdao ben o lector, entón quen estea en Xudea, que fuxa para o monte;
15
quen estea na azotea, que non baixe á casa nin para coller cousa ningunha;
16
e quen estea na leira, que non volva atrás para coller o seu manto.
17
Ai das que estean embarazadas ou criando naqueles días!
18
Rezade para que a cousa non caia en inverno,
19
pois van ser días de angustia, como nunca os houbo ata agora, desde o principio do mundo que Deus creou, nin nunca os haberá.
20
E se o Señor non atalla aqueles días, ninguén sairía con vida. Pero por mor dos elixidos, haos atallar.
21
Se entón vos dixer alguén: "Mirade o Mesías, aquí está, ou está alí", non lle fagades caso ningún.
22
Pois han aparecer falsos mesías e falsos profetas, que farán marabillas e prodixios para desnortaren a xente, e, se fose posible, incluso ós mesmos elixidos.
23
Pero vós estade atentos; déixovolo todo avisado.
24
Pero naqueles días, pasada xa aquela angustia, o sol hase escurecer, a lúa deixará de aluar,
25
As estrelas caerán do ceo, abalarán as potencias do ceo.
26
Entón verán vir o Fillo do Home sobre as nubes con grande poder e gloria.
27
E mandará os anxos para reuniren os elixidos desde os catro ventos do cabo da terra ata o cabo do ceo.
28
Aprendede da comparanza da figueira. Cando lle saen os gromos e bota a folla, comprendedes que o verán está a chegar.
29
Así tamén vós, cando vexades que pasan estas cousas, sabede que xa está pretiño, á porta.
30
Asegúrovos que non pasará esta xeración sen que antes suceda todo isto.
31
O ceo e mais a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.
32
En canto ó día e mais a hora no que isto vai acontecer ninguén sabe nada, nin os anxos do ceo, nin o Fillo; sábeo o Pai soamente.
33
Estade logo á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento.
34
É coma un home que foi ó estranxeiro, deixando a casa e mais a facenda nas mans dos seus criados, encargándolles a cada un o que tiña que facer; e ó porteiro ordenoulle que velase.
35
Vixiade vós, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o amo da casa: se á tardiña ou con noite cerrada, se co canto do galo ou no amencer.
36
Non vaia ser que chegue de repente, e vos atope durmindo.
37
E o que vos digo a vós, tamén llelo digo a todos: Estade en vela!
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16