bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 15
1 Chronicles 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 16 →
1
David levantou un pazo na Cidade de David e preparou un lugar para a arca de Deus, alzando para ela unha tenda.
2
Entón ordenou: —"A arca de Deus non debe ser transportada senón polos levitas, porque son os que Iavé escolleu para trasladala e para facer o seu servizo para sempre endexamais".
3
Reuniu David a todo Israel en Xerusalén para subir a arca de Iavé ó lugar que lle tiña disposto.
4
Tamén reuniu ós fillos de Aharón e ós levitas.
5
Dos fillos de Quehat ó xefe Uriel e mais cento vinte da súa familia.
6
Dos fillos de Merarí, ó xefe Asaías e mais douscentos vinte da súa familia.
7
Dos fillos de Guerxom, ó xefe Ioel e mais cento trinta da súa familia.
8
Dos fillos de Elisafán, ó xefe Semaías e mais douscentos da súa familia.
9
Dos fillos de Hebrón, ó xefe Eliel e oitenta da súa familia.
10
Dos fillos de Uziel, ó xefe Aminadab e cento doce da súa familia.
11
David chamou ós sacerdotes Sadoc e Abiatar e ós levitas Uriel, Asaías, Ioel, Semaías, Eliel e Aminadab
12
e díxolles: —"Vós sodes os xefes da familia dos levitas; santificádevos vós e vosos irmáns para subir a arca de Iavé, o Deus de Israel, ó lugar que eu teño preparado.
13
Por non estardes vós alí a primeira vez, Iavé, noso Deus, castigounos, porque non o fomos buscar como é debido".
14
Santificáronse os sacerdotes e os levitas para subir a arca de Iavé, Deus de Israel.
15
Os fillos dos levitas levaban a arca de Deus ás costas por medio de varais, como ordenara Moisés, segundo o disposto por Iavé.
16
David mandou ós xefes dos levitas que dispuxesen os seus irmáns cantores, que fixesen resoar os instrumentos musicais; arpas, cítolas e pandeiros en sinal de ledicia;
17
e os levitas designaron a Hemán, fillo de Ioel; e, de entre os seus irmáns, a Asaf, fillo de Berequías; e, de entre os fillos de Merarí, de entre os seus irmáns, a Etán, fillo de Cuxaías.
18
Con eles tamén, os seus irmáns de segunda orde: Zacarías, Iaziel, Xemiramot, Iehiel, Uní, Eliab, Benaías, Maseías, Matitías, Eliflehu, Micneías, Obededom e Ieiel, porteiros.
19
Os cantores, Hemán, Asaf e Etán levaban e facían resoar címbalos de bronce;
20
Zacarías, Uziel, Xemiramot, Iehiel, Uní, Eliab, Maseías e Benaías, tiñan harpas afinadas para voces virxes;
21
Matitías, Eliflehu, Micreías, Obededom, Iehiel e Azarías, tiñan cítolas acordadas na oitava, para dirixir o canto;
22
Quenanías, xefe dos levitas, dirixía o canto, pois era moi entendido nel,
23
Berequías e Elcanah eran os porteiros da arca;
24
Xebanías, Ioxafat, Natanael, Amasai, Zacarías, Benaías e Eliézer, sacerdotes, tocaban as trompetas diante da arca de Deus. Obededom e Iehías eran tamén porteiros da arca.
25
David, os anciáns e os xefes de millares, foron traer a arca da alianza de Iavé desde a casa de Obededom, con gran ledicia.
26
E por axudar Deus ós levitas que levaban a arca da alianza de Iavé, sacrificáronse sete xatos e sete carneiros.
27
David ía vestido dun manto de liño fino, e o mesmo os levitas que levaban a arca, os cantores e Quenanías, director dos cantos. David tamén levaba por riba da túnica un efod de liño.
28
Desta maneira levou todo Israel a arca da alianza de Iavé entre aturuxos ó son das bucinas, das trompetas, dos pandeiros, das arpas e das cítolas.
29
Cando a arca da alianza de Iavé chegou á cidade de David, Micol, filla de Xaúl, que ollaba desde unha ventá, viu ó rei David cantando e bailando diante da arca e menosprezouno no seu corazón.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29