bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 29
1 Chronicles 29
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
1
Despois dixo David a toda a asemblea: —"Só a Salomón, meu fillo, elixiu Deus; é novo e de pouca idade, en alma é grande, porque non se trata de levantar unha casiña, senón un templo para Iavé Deus.
2
Eu, con todo o meu esforzo, preparei as cousas para o templo de Deus: ouro para os obxectos de ouro, prata para os de prata, bronce para os de bronce, ferro para os de ferro, madeira para os de madeira, pedras de ónix, pedras de engaste, xemas coloreadas, pedras para os mosaicos, todo tipo de pedras preciosas e alabastro en gran cantidade.
3
E ademais coa devoción que sinto polo templo do Señor, gardo no meu tesouro particular ouro e prata, ademais do preparado para a casa do meu Deus:
4
tres mil talentos de ouro de Ofir, e sete mil talentos de prata fina para recubrir as paredes da casa.
5
Ouro para as cousas de ouro; prata para as cousas de prata, para todas as obras de ourivería. Quen máis quere facer ofrenda ó Señor?"
6
Entón todos os xefes das familias, os príncipes das tribos de Israel, os xefes, os oficiais e os intendentes da facenda real ofreceron voluntariamente as súas ofrendas,
7
dando para a obra do templo cinco mil talentos de ouro e dez mil dáricos, dez mil talentos de prata, dezaoito mil talentos de bronce e cen mil talentos de ferro.
8
E todos os que tiñan pedras preciosas, déronas para o tesouro do Templo, entregándoas a Iehiel, guerxonita.
9
Gozouse o pobo de ter contribuído voluntariamente coas súas ofrendas, porque con enteiro corazón llas facían ó Señor, e o rei David tivo grande alegría disto.
10
David bendiciu ó Señor, con toda a asemblea, dicindo: —"Bendito ti, oh Iavé, Deus de Israel!, noso pai de século en século.
11
Túa é, Señor, a maxestade, o poder, a gloria e a vitoria; túa a honra, e teu todo canto hai na terra e nos ceos. Teu, oh Iavé!, é o reino; ti levántaste soberanamente sobre todo.
12
Túas son as riquezas e a gloria, ti es o dono de todo. Na túa man está a forza e o poderío. É a túa man quen todo o engrandece.
13
Por iso, Deus noso, nós confesamos e loamos o teu glorioso nome.
14
Porque quen son eu e quen é o meu pobo para que poidamos facer estas ofrendas voluntarias? Todo vén de ti, e o que voluntariamente che ofrecemos de ti recibímolo.
15
Somos ante ti estranxeiros e adventicios, coma foron os nosos pais. Son coma a sombra os nosos días sobre a terra, e non dan esperanza.
16
Oh Señor, noso Deus!, todos estes bens que para edificar o templo ó teu santo nome che ofrecemos, son teus, da túa man recibímolos.
17
Eu sei, meu Deus, que ti espreitas o corazón e que amas a rectitude; por iso fíxenche todas as miñas ofrendas voluntarias na rectitude do meu corazón, e vexo agora con ledicia que todo o teu pobo, que está aquí, che ofrece voluntariamente os seus dons.
18
Iavé, Deus de Abraham, de Isaac e de Israel, de nosos pais, conserva para sempre no corazón do teu pobo esta vontade e estes pensamentos, e encamiña a ti o seu corazón.
19
Dá así mesmo ó meu fillo Salomón un corazón perfecto para que garde todos os teus mandamentos, as túas leis e os teus mandatos, e que poña todos por obra, e que che edifique un templo para o que eu fixen preparativos".
20
Logo dixo David a toda a asemblea: —"Bendicide agora a Iavé, o voso Deus"; e toda a asemblea bendiciu ó Señor, Deus de seus pais, e, prostrándose, oraron ante o Señor perante o rei.
21
Sacrificaron vítimas a Iavé, e ó día seguinte ofreceron holocaustos ó Señor: mil xatos, mil carneiros, mil años coas súas libacións e moitos sacrificios por todo Israel;
22
comeron e beberon ante Iavé aquel día de gozo. Fixeron por segunda vez a investidura do reino de Salomón, fillo de David, e unxírono rei ante o Señor e Sadoc, o sacerdote.
23
Sentouse Salomón como rei no trono de Iavé, no sitio de David, seu pai; e prosperou, obedecéndolle todo Israel.
24
Todos os xefes e os valentes e todos os fillos do rei David prestaron homenaxe ó rei Salomón,
25
A quen Iavé engrandeceu en extremo ós ollos de todo Israel, dándolle un reinado glorioso, como ningún rei o tivo antes del en Israel.
26
Así reinou David, fillo de Ixaí, sobre todo Israel.
27
Reinou corenta anos sobre Israel, sete en Hebrón e trinta e tres en Xerusalén.
28
Morreu en boa vellez, colmado de días, de riquezas, de gloria. Sucedeulle Salomón, seu fillo.
29
Os feitos do rei David, os primeiros e os derradeiros, están escritos no libro de Samuel, vidente, e nas crónicas de Natán, profeta, e nas de Gad, vidente,
30
con todo o seu reinado, as súas fazañas e os sucesos do seu tempo que pasaron en Israel e nos reinos daquelas terras.
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29