bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 9
1 Chronicles 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 10 →
1
Todo Israel está rexistrado nas xenealoxías e inscrito no libro dos Reis de Israel. Xudá foi levado preso a Babilonia polas súas infidelidades.
2
Os primeiros habitantes que ocuparon de novo as súas posesións, e as súas cidades eran israelitas, sacerdotes, levitas e natineos.
3
En Xerusalén establecéronse fillos de Xudá, fillos de Benxamín, fillos de Efraím e de Menaxés.
4
Dos descendentes de Peres, fillo de Xudá: Utai fillo de Amihud, fillo de Omrí, fillo de Imrí, fillo de Baní.
5
Dos xilonitas: Asaías, o primoxénito, e seus fillos.
6
Dos fillos de Zérah: Ieuel e seus irmáns, seiscentos noventa.
7
Dos fillos de Benxamín: Salú, fillo de Mexulam, fillo de Hodavías, fillo de Asnuá;
8
Ibneías, fillo de Ieroham; Elú, fillo de Uzí, fillo de Micrí; Mexulam, fillo de Xefatías, fillo de Reuel, fillo de Ibnías,
9
e seus irmáns, segundo as súas xeracións, novecentos cincuenta e seis. Todos estes eran xefes de familia nas casas de seus pais.
10
Sacerdotes: Iedaías, Iehoiarib e Iaquín;
11
Azarías, fillo de Hilquías, fillo de Mexulam, fillo de Sadoc, fillo de Meraiot, fillo de Ahitub, xefe do templo;
12
Adaías, fillo de Ieroham, fillo de Pashur, fillo de Malaquías; Masai, fillo de Adiel, fillo de Iahzerah, fillo de Mexulam, fillo de Mexilemit, fillo de Imer,
13
e seus irmáns, xefes das casas de seus pais, mil setecentos sesenta homes fortes, ocupados en servir o templo.
14
Levitas: Xemaías, fillo de Haxub, fillo de Azricam, fillo de Haxabías, dos fillos de Merarí;
15
Bacbacar, Hérex, Galal, Matanías, fillo de Miqueas, fillo de Zicrí, fillo de Asaf;
16
Abdías, fillo de Xemaías, fillo de Galal, fillo de Iedutún; Berequías, fillo de Asá, fillo de Elcanah, que habitou nos poboados de Netofat.
17
Porteiros: Xalum, Acub, Talmón, Ahimán. Seu irmán Xalum era o xefe.
18
E ata hoxe está na porta do rei, no oriente. Estes son os porteiros do campamento dos levitas.
19
Xalum, fillo de Coré, fillo de Abiasaf, fillo de Córah, e seus irmáns. Os coreítas tiñan ó seu cargo a garda da entrada da Tenda, seus pais fixeran a garda na entrada do campamento de Iavé.
20
Pinhás, fillo de Elazar, foi antes o seu xefe. E Iavé estivo con el.
21
Zacarías, fillo de Mexelenías, era porteiro da entrada da Tenda do Encontro.
22
Eran, con todos, cento doce elixidos para porteiros da entrada, e rexistrados nas xenealoxías, segundo as súas cidades. David e Samuel, o vidente, elixíronos para as súas funcións.
23
Eles e os seus fillos gardaban as portas do templo da Tenda.
24
Había porteiros ós catro ventos, a oriente e occidente, a norte e a mediodía.
25
Seus irmáns residían nas súas aldeas; tiñan que vir de tempo en tempo por sete días;
26
pero estes catro xefes dos porteiros, estes levitas, estaban sempre en funcións, e tiñan ademais ó seu cargo a vixilancia das cámaras e dos tesouros do templo.
27
Pasaban a noite arredor da casa de Deus, da que tiñan a garda e a que tiñan que abrir cada mañá.
28
Uns estaban encargados das cousas do culto. Levaban conta delas ó introducilas e sacalas.
29
Outros coidaban de todas as cousas do santuario, como a flor de fariña, o viño, o aceite, o incenso e os perfumes.
30
Os fillos dos sacerdotes facían a mestura dos perfumes.
31
Matatías, un dos levitas, primoxénito de Xalum, coreíta, coidaba das tortas que se fritían nas tixolas;
32
e algúns de seus irmáns de entre os quehatitas tiñan ó seu cargo preparar todos os sábados os pans da proposición.
33
Os cantores, xefes de familia dos levitas, que moraban nas cámaras, sen outra función ningunha, porque día e noite estaban na súa.
34
Eran os xefes de familia dos levitas, xefes segundo as súas xeracións. Habitaban en Xerusalén.
35
O pai de Gabaón, Ieiel, habitaba en Gabaón, e o nome da súa muller era Macah.
36
Abdón era o seu primoxénito; despois viñan Sur, Quix, Báal, Ner, Nadab,
37
Guedor, Ahió, Zacarías e Miclot.
38
Miclot xerou a Ximah. Estes habitaban tamén en Xerusalén con seus irmáns.
39
Ner xerou a Quix; Quix xerou a Xaúl; Xaúl xerou a Ionatán, Malquixúa, Abinadab e Exbáal.
40
Fillo de Ionatán foi Meribaal; Meribaal xerou a Micah.
41
Os fillos de Micah foron Pitón, Mélec, Tahrea e Acaz.
42
Acaz xerou a Iarah; Iarah xerou a Alémet, Azmávet e Zimrí; Zimrí xerou a Mosá;
43
Mosá xerou a Biná, pai de Refaías, pai de Ehasah, pai de Asel.
44
Asel tivo seis fillos que polo seu nome son Azricam, Bocrú, Ismael, Xearías, Abdías e Hanán. Estes son os fillos de Asel.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29