bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 17
1 Chronicles 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 18 →
1
Cando David moraba xa no seu pazo, díxolle ó profeta Natán: —"Eu estou habitando unha casa de cedro, mentres a arca da alianza do Señor está baixo unha tenda".
2
Natán respondeu a David: —"Fai o que tes no corazón, pois o Señor está contigo".
3
Pero aquela mesma noite o Señor reveloulle a Natán:
4
—"Dille a David, o meu servo: así fala o Señor: non serás ti quen me edifique unha casa na que habitar.
5
Nunca, desde que deixei Exipto ata hoxe, habitei en casa, senón que andei dunha parte a outra, nunha tenda.
6
Por onde queira que camiñei con Israel, encargueille seica a algún xuíz de Israel, ós que mandei para apacentar o meu pobo, que me fixesen unha casa de cedro?
7
Dille, pois, agora ó meu servo David: Así fala Iavé Sebaot: eu tomeite dos pasteiros, de detrás do gando, para que foses xefe do meu pobo de Israel;
8
estiven contigo por onde queira que ti andaches; exterminei perante ti a todos os teus inimigos e fixen o teu nome semellante ó dos grandes da terra;
9
deille un lugar onde morar ó meu pobo Israel, e planteino para que acougue sen atrancos, e que os fillos da iniquidade non o desfagan coma noutrora,
10
cando establecín xuíces sobre o meu pobo Israel. Abaixei a todos os teus inimigos. Ademais fágoche saber que o Señor che fundará unha dinastía.
11
Cando os teus días sexan cumpridos e vaias xuntarte con teus pais, eu alzarei a un da túa descendencia, a un dos teus fillos, e afirmarei o seu reino.
12
Será el quen me edificará unha casa e eu afirmarei para sempre o seu trono.
13
Eu serei para el un pai, e el será para min un fillo; e non apartarei del a miña graza, como a apartei do teu predecesor.
14
Establecereino para sempre na miña casa e no meu reino, e o seu trono estará firme por toda a eternidade".
15
Natán transmitiu a David todas estas verbas e toda a revelación.
16
O rei David presentouse diante do Señor e dixo: —"Quen son eu, Iavé Deus, e qué é a miña casa, para que me trouxeses onde estou?
17
Pero isto aínda é pouco ós teus ollos, Señor, e falas da casa do teu servo para tempo remoto mentres haxa homes, oh Iavé, Deus!
18
Que máis pode engadir David da gloria que concedes ó teu servo, ti que o coñeces, oh Iavé?
19
Ouh Iavé: por amor do teu servo e segundo o teu corazón fixeches todas esas grandezas, para nos dar a coñecer todas esas marabillas.
20
Señor! Non hai outro semellante a ti, non hai ningún Deus fóra de ti, como oímos cos nosos oídos.
21
Hai sobre a terra unha soa nación que sexa coma o teu pobo Israel, o que Deus veu rescatar para facelo seu, con tantos milagres e prodixios, e desbotando as nacións diante del, como fixeches con Israel, ó que liberaches da servidume de Exipto?
22
Ti fixeches do teu pobo Israel, o teu pobo para sempre, e ti, oh Iavé!, ti es o seu Deus.
23
Agora, pois, Señor, confírmese para sempre a palabra que dixeches ó teu servo e á súa casa: cúmprea.
24
Que perdure para que o teu nome sexa sempre glorificado e digan todos: Iavé Sebaot é en verdade un Deus para Israel. E que a casa de David, o teu servo, se afirme ante ti,
25
pois ti mesmo, meu Deus, revelaches ó teu servo que lle edificarás unha dinastía. Por iso o teu servo ousou pregarche deste xeito.
26
Agora, pois, Señor: ti que es Deus e prometiches ó teu servo este ben,
27
bendí a casa do teu servo, para que sempre subsista diante de ti, porque ti, ai!, a bendís e para sempre está bendita".
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29