bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 21
1 Chronicles 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 22 →
1
Alzouse Satán contra Israel e incitou a David a facer o censo de Israel.
2
David dixo a Ioab e ós xefes do pobo: —"Ide facer o censo de Israel, desde Beerxeba ata Dan, e traédemo para que eu saiba o seu número".
3
Ioab respondeu a David: —"Oxalá fixera Iavé cen veces máis numeroso o seu pobo. Pero non, señor, non son todos servidores teus? Para que pide isto o meu señor? Para que facer unha cousa que será vista como pecado de Israel?".
4
O rei persistiu na orde que lle dera a Ioab, e Ioab partiu e percorreu todo Israel.
5
Cando volveu a Xerusalén, Ioab entregou a David o número do censo do pobo. Había en todo Israel un millón cen mil homes en condicións de levar armas, e en Xudá catrocentos setenta mil bos.
6
Entre eles non fixo o censo de Leví e Benxamín, porque Ioab aborrecía a orde do rei.
7
A orde desagradou a Deus e castigou a Israel.
8
Entón dixo David a Deus: —"Cometín nisto un gran pecado. Pídoche que perdoes a iniquidade do teu servo, pois obrei coma un insensato".
9
Iavé falou así a Gad, o vidente de David:
10
—"Vai e dille a David: así fala Iavé: tres pragas che propoño para que elixas unha coa que ferirte".
11
Gad viu a David e díxolle: —"Así fala Iavé: escolle para ti:
12
tres anos de fame ou tres meses de derrota ante os teus inimigos, dándoche alcance a espada dos teus adversarios, ou tres días nos que a espada de Iavé e a peste estarán sobre o país, mentres o anxo de Iavé levará a destrución a todo o territorio de Israel. Dime, pois, o que teño que responder ó que me envía".
13
David respondeu a Gad: —"Véxome nun bo apuro, mais caia eu nas mans do Señor, que é grande en misericordia, e non caia nas mans dos homes".
14
Mandou Iavé a peste sobre Israel e caeron setenta mil israelitas.
15
Deus mandou un anxo a Xerusalén para destruíla, e cando xa a estaba destruíndo, mirou o Señor e arrepentiuse daquel mal, e díxolle ó anxo destrutor: —"Abonda, retira xa a túa man". O anxo de Iavé estaba onda a eira de Ornán o iebuseo.
16
David alzou os ollos e viu o anxo de Iavé entre a terra e o ceo, tendo na súa man a espada desenvaiñada, volta contra Xerusalén. Entón David e os anciáns, vestidos de saco, caeron sobre os seus rostros.
17
David dixo a Deus: —"Non fun eu quen mandou facer o censo do pobo? Fun eu quen pecou e fixo o mal; pero estas ovellas, que fixeron? Iavé, meu Deus!, carga a túa man sobre min e sobre a casa de meu pai e non haxa praga no teu pobo".
18
O anxo de Iavé dixo a Gad que falase a David para que subise a levantar un altar na eira de Ornán, o iebuseo,
19
e subiu David, cumprindo a orde que Gad lle dera no nome do Señor.
20
Ornán, que estaba mallando no millo, volveuse e viu o anxo e escondeuse cos seus catro fillos.
21
Cando chegou David cerca de Ornán, mirou Ornán e viu a David, e saíndo da eira, postrouse ante David co rostro en terra.
22
David dixo a Ornán: —"Déixame o terreo da eira para que levante un altar a Iavé; pagareicho polo xusto prezo, para que se retire a praga sobre o pobo".
23
Ornán respondeu a David: —"Tómaa, e que o meu señor, o rei, faga nela o que lle pareza ben; mira, douche os bois para o holocausto, os mallos para a leña e o trigo para a ofrenda. Doucho todo".
24
Pero o rei dixo a Ornán: —"Non. Quero comprarcha polo seu valor en prata, pois non vou eu presentarlle ó Señor o que é teu, nin ofrecerlle un holocausto que non me custa nada".
25
Deu David a Ornán seiscentos siclos de ouro polo lugar,
26
edificou alí un altar a Iavé e ofreceulle holocaustos e sacrificios de comuñón. Invocou a Iavé, e o Señor respondeulle co lume que do ceo descendeu sobre o altar do holocausto.
27
Entón falou Iavé ó anxo, que volveu a espada ó seu sitio.
28
Vendo David que o Señor o escoitara na eira de Ornán, o iebuseo, sacrificaba alí,
29
pois o tabernáculo de Iavé, que Moisés fixera no deserto, e o altar dos holocaustos estaban entón á altura de Gabaón.
30
Pero David non puidera ir ante el para consultar a Deus, porque a espada do anxo de Iavé o encheu de medo.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29