bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 23
1 Chronicles 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 24 →
1
Vello xa David e colmado de días, fixo a Salomón, seu fillo, rei de Israel.
2
Reuniu a todos os príncipes de Israel, ós sacerdotes e ós levitas.
3
Fíxose o censo dos levitas de máis de trinta anos, e o seu número, contado un a un, foi de trinta e oito mil.
4
Deles vinte e catro mil dirixían as obras do templo de Iavé, e seis mil eran inspectores e xuíces;
5
catro mil, porteiros; e catro mil dedicados a loar o Señor con aparellos feitos para iso por David.
6
David distribuíunos en orde segundo os fillos de Leví, Guerxom, Quehat e Merarí.
7
Fillos de Guerxom: Ladán e Ximí.
8
Fillos de Ladán: Iehiel, o primeiro; Zetam e Ioel; en total, tres.
9
Fillos de Ximí: Xelomit, Haziel e Harán, tres en total. Estes son os xefes das familias de Ladán.
10
Fillos de Ximí: Iaxat, Zizá, Ieús e Beriá, en total catro.
11
Estes catro son os fillos de Ximí. Iaxat era o primeiro e Zizá o segundo. Ieús e Beriá non tiveron moitos fillos e formaron no censo unha soa casa paterna.
12
Fillos de Quehat: Amram, Ishar, Hebrón e Uziel, en total catro.
13
Fillos de Amram: Aharón e Moisés. Aharón foi elixido para servir no santo dos santos, el e seus fillos perpetuamente, para ofrecer os perfumes ante Iavé, para facer o seu ministerio e bendicir por sempre o seu nome.
14
Os fillos de Moisés, home de Deus, foron contados na tribo de Leví.
15
Os fillos de Moisés foron Guerxom e Eliézer.
16
Xebuel foi o primoxénito de Guerxom.
17
Fillos de Eliézer: o primoxénito de Eliézer foi Rehabías. Eliézer non tivo máis fillos, pero Rehabías tivo moitos.
18
Fillos de Ishar: o primoxénito foi Xelomit.
19
Fillos de Hebrón: Ierías, o primoxénito; Amarías, o segundo; Uziel, o terceiro, e Iecamam, o cuarto.
20
Fillos de Uziel: Miqueas, o primoxénito; Ixías, o segundo.
21
Fillos de Merarí: Mahlí e Muxí. Fillos de Mahlí: Elazar e Quix.
22
Elazar morreu sen fillos, pero deixou fillas, e os fillos de Quix, seus irmáns, tomáronas por mulleres.
23
Fillos de Muxí: Mahlí, Éder e Ieremot, tres en total.
24
Estes son os fillos de Leví segundo as familias dos seus pais, cabeza das casas paternas, segundo o censo feito contando por cabezas. Estaban dedicados ó ministerio do templo de Iavé desde os vinte anos cumpridos,
25
pois David dixo: —"O Señor, Deus de Israel, deu acougo ó seu pobo Israel e habitará por sempre en Xerusalén,
26
e os levitas non terán xa que transportar o tabernáculo e todos os aparellos do seu servizo".
27
E así, conforme as derradeiras disposicións de David, fíxose o censo dos fillos de Leví desde os vinte anos en adiante.
28
Postos baixo as ordes dos fillos de Aharón, para o servizo do templo do Señor, tiñan ó seu coidado os adros e as cámaras, a limpeza de todas as cousas santas e as obras do servizo do templo de Deus;
29
o pan da proposición, a flor da fariña para as ofrendas, as tortas de pan asmo, as filloas fritidas na tixola e as cocidas, e todas as medidas de capacidade e lonxitude.
30
Tiñan que presentarse cada mañá e cada tarde para loar e celebrar a Iavé
31
e ofrecer continuamente os holocaustos ó Señor os sábados, os novilunios e as festas, segundo o número e os ritos prescritos.
32
Facían a garda da Tenda do Encontro ás ordes dos fillos de Aharón, seus irmáns, no servizo do templo do Señor.
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29