bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 5
1 Chronicles 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 6 →
1
Fillos de Rubén, primoxénito de Israel. Era o primoxénito, pero por manchar o leito de seu pai, o dereito de primoxenitura foilles dado ós fillos de Xosé, fillo de Israel, e non foi rexistrado como primoxénito.
2
Xudá foi abofé poderoso entre seus irmáns e o príncipe deles, pero o dereito de primoxenitura foi de Xosé.
3
Fillos de Rubén, primoxénito de Israel: Henoc, Falú, Hesrón e Carmí.
4
Fillos de Ioel: Xemaías, seu fillo; Gog, seu fillo; Ximí, seu fillo;
5
Miqueas, seu fillo; Reaías, seu fillo; Báal, seu fillo,
6
e Beerah, fillo seu, levado a Asiria por Teglat Peléser, rei de Asiria. Era príncipe dos rubenitas.
7
Seus irmáns, segundo as súas familias, tal como foron rexistrados nas xenealoxías, foron: o primeiro, Ieiel, Zacarías,
8
Bela, fillo de Azaz, fillo de Xemá, fillo de Ioel, que habitou en Aroer ata Nebó e Baal—Meón,
9
e ó Oriente, ata a entrada do deserto, desde o río Éufrates, pois tiña moito gando na terra de Galaad.
10
En tempos de Xaúl fixéronlles a guerra ós agarenos, que caeron no seu poder, e habitaron nas súas tendas en todo o Oriente de Galaad.
11
Enfronte deles habitaban os fillos de Gad, na terra de Baxán ata Salcah.
12
Ioel foi o primeiro; Xafam, o segundo; logo Ianai e Xafat, no Baxán.
13
Seus irmáns, segundo as casas de seus pais, eran: Micael, Mexulam, Xeba, Iorai, Iacán, Zía e Héber, que fan sete.
14
Velaquí os fillos de Abihail, fillo de Hurí, fillo de Iaróah, fillo de Galaad, fillo de Micael, fillo de Iexixai, fillo de Iahdó, fillo de Buz;
15
Ahí, fillo de Abdiel, fillo de Guní, era o xefe das casas de seus pais.
16
Habitaban en Galaad, no Baxán, nas cidades da súa dependencia, e nos eidos de Xarón ata os seus límites.
17
Foron rexistrados todos nas xenealoxías en tempos de Iotam, rei de Xudá e de Ieroboam, rei de Israel.
18
Os fillos de Rubén, os de Gad e de media tribo de Menaxés, en número de corenta e catro mil setecentos sesenta, eran bos para a guerra: valorosos, levaban escudo e espada, tensaban o arco e eran entendidos na arte da guerra.
19
Fixéronlles a guerra ós agarenos, ós itureos, a Nafix e a Nodab.
20
Foron axudados contra eles, e os agarenos e cantos estaban con eles caeron nas súas poutas, pois durante a loita chamaron a Deus que os escoitou, por confiaren nel.
21
Colleron o seu gando: cincuenta mil camelos, duascentas cincuenta mil ovellas, dous mil asnos, e levaron presas a cen mil persoas,
22
e houbo moitos mortos, pois o combate viña de Deus. Establecéronse no seu lugar ata o tempo en que foron levados á catividade.
23
Media tribo de Menaxés habitaba a rexión desde o Baxán ata Baal—Hermón, Senir e a montaña de Hermón. Eran numerosos.
24
Velaquí os xefes das casas de seus pais: Éfer, Ixí, Eliel, Azriel, Xeremías, Hodavías, Iahdiel, homes valerosos, xente de fama, xefes das casas de seus pais.
25
Pero pecaron contra o Deus de seus pais e prostituíronse tralos deuses das xentes da terra que Deus destruíra diante deles.
26
Entón o Deus de Israel encirrou contra eles o espírito de Pul, rei de Asiria (é dicir, o espírito de Teglat Peléser, rei de Asiria), quen levou presos os rubenitas, gaditas e a media tribo de Menaxés, conducíndoos a Halah, Habor, Hará e ó río Gozán, onde habitaron ata hoxe.
27
Fillos de Leví: Guerxom, Quehat, Merarí.
28
Fillos de Quehat: Amram, Ishar, Hebrón e Uziel.
29
Fillos de Amram: Aharón, Moisés e María. Fillos de Aharón: Nadab, Abihú, Elazar e Itamar.
30
Elazar xerou a Pinhás; Pinhás xerou a Abixúa;
31
Abixúa xerou a Buquí; Buquí xerou a Uzí;
32
Uzí xerou a Zerahías; Zerahías xerou a Meraiot;
33
Meraiot xerou a Amarías; Amarías xerou a Ahitub;
34
Ahitub xerou a Sadoc; Sadoc xerou a Ahimaas;
35
Ahimaas xerou a Azarías; Azarías xerou a Iohanán;
36
Iohanán xerou a Azarías, que exerceu o sacerdocio no templo que Salomón edificou en Xerusalén;
37
Azarías xerou a Amarías; Amarías xerou a Ahitub;
38
Ahitub xerou a Sadoc; Sadoc xerou a Xalum;
39
Xalum xerou a Hilquías; Hilquías xerou a Azarías;
40
Azarías xerou a Seraías; Seraías xerou a Iosadac;
41
Iosadac foi á catividade cando o Señor desterrou a Xudá e a Xerusalén por medio de Nabucodonosor.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29