bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 22
1 Chronicles 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 23 →
1
E dixo David: —"Esta será a casa de Iavé Deus e aquí estará o altar dos holocaustos para Israel".
2
Mandou David que se reunisen todos os estranxeiros que había na terra de Israel, e encargou ós canteiros que fosen preparando pedras labradas para a construción do templo de Deus.
3
Preparou tamén ferro abondo para facer os cravos e xuntas das portas, bronce en grandes cantidades,
4
e moita madeira de cedro, pois os sidonios e os tirios trouxeron abonda madeira de cedro para David.
5
David dicía para si: —"O meu fillo Salomón é aínda novo e inexperto, e o templo que se ten que edificar para o Señor ten que ser, pola grandeza, pola magnificencia e pola beleza, coñecido en toda a terra; por iso quero facer os preparativos", e fíxoos abondos antes da súa morte.
6
David chamou a Salomón, seu fillo, e deulle orde de edificar unha casa ó Señor, Deus de Israel.
7
Díxolle: —"Meu fillo, eu tiña o propósito de edificar un templo no nome de Iavé, meu Deus;
8
pero o Señor díxome: Ti derramaches moito sangue e fixeches grandes guerras. Non serás ti quen edifique un templo no meu nome, porque derramaches ante min moito sangue sobre a terra.
9
Velaí que che nacerá un fillo, que será home de paz e a quen eu darei paz, librándoo de todos os seus inimigos do arredor. O seu nome será Salomón, nos seus días eu concederei paz e tranquilidade a Israel.
10
El edificará un templo ó meu nome. Será para min un fillo e eu serei para el un pai, e afirmarei sempre o trono do seu reino en Israel.
11
Agora, pois, meu fillo, que o Señor sexa contigo, para que prosperes e edifiques o templo de Iavé, teu Deus, como el de ti declarou.
12
Queira darche o Señor a sabedoría e a intelixencia para reinar sobre Israel na observancia da lei de Iavé o teu Deus.
13
Se coidas de poñeres por obra os mandamentos e preceptos que o Señor lle mandou a Moisés para Israel, prosperarás. Esfórzate, logo, ten ánimos e non temas nin desmaies.
14
Eu cos meus esforzos reunín para o templo do Señor cen mil talentos de ouro, un millón de talentos de prata e unha grande cantidade de bronce e ferro. Dispuxen tamén madeira e pedra que ti acrecentarás.
15
Tes á man moitos obreiros, canteiros, carpinteiros e homes sabidos en toda clase de obras.
16
O ouro, a prata, o bronce e o ferro son de máis. Érguete, pois: comeza coa obra, e que o Señor sexa contigo".
17
Mandou tamén David a todos os príncipes de Israel que prestasen a súa axuda a Salomón, seu fillo.
18
—"Non está convosco Iavé, o voso Deus, e non nos deu El paz en todas partes? El puxo nas miñas mans os moradores da terra, e a terra está sometida ante Iavé e diante do seu pobo.
19
Poñede, pois, todo o voso corazón e o voso ánimo en buscar o Señor, o voso Deus; erguédevos e edificade o santuario de Iavé Deus, para traer a arca da alianza do Señor e os seus utensilios consagrados a Deus ó templo edificado no nome de Iavé".
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29