bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 19
1 Chronicles 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 20 →
1
Despois disto morreu Nahax, rei dos fillos de Amón, e sucedeulle no trono o seu fillo.
2
David dixo: —"Amostrareille a miña bondade a Hanún, fillo de Nahax, pois seu pai mostrouse benévolo comigo". E envioulle unha embaixada para consolalo pola morte de seu pai. Pero cando os enviados de David chegaron á terra dos fillos de Amón e se presentaron a Hanún para consolalo,
3
os xefes dos fillos de Amón dixeron a Hanún: —"Coidas que David che dá o pésame para honrar a memoria de teu pai? Non será máis ben que viñeron para recoñecer a cidade e explorar a terra para preparar a desfeita do país?"
4
Entón, Hanún, apresando os servos de David, rapounos e cortoulles os vestidos polo medio ata as nádegas, e logo despachounos.
5
Fóronse eles, e David, que soubo o que lles sucedera ós seus homes, mandou xentes que lles saísen ó camiño, pois se atopaban en gran confusión. Dixéronlles: —"Ficade en Xericó ata que vos medre a barba, e logo volvede".
6
Os fillos de Amón viron que se fixeran odiosos a David, e Hanún e os fillos de Amón mandaron mil talentos de prata para contratar os carros e os cabaleiros de Mesopotamia, de Macah e de Sobah.
7
Tomaron a soldo trinta e dous mil carros e ó rei de Macah e ó seu pobo, que viñeron acampar diante de Medebá.
8
O recibir David estas novas, mandou contra eles a Ioab e a todo o exército, todos eles homes valentes.
9
Os fillos de Amón saíron e ordenáronse en batalla á entrada da cidade; os reis que viñeron para axudalos tomaron posición á parte no campo.
10
Ioab, vendo que tiña contra quen combater de fronte e polas costas, escolleu entre os máis valentes do exército de Israel un corpo para marchar contra os sirios,
11
e o resto do exército púxoo ás ordes de seu irmán Abixaí para facer fronte ós fillos de Amón,
12
dicíndolle: —"Se os sirios son máis fortes ca min, acudirasme ti; se os fillos de Amón son máis fortes ca ti, irei eu na túa axuda.
13
Esfórzate e loitemos polo noso pobo e polas cidades do noso Deus, e faga Iavé o que mellor lle pareza".
14
Avanzou Ioab cos seus para atacaren ós sirios, que fuxiron ante el,
15
e os fillos de Amón, cando viron que os sirios fuxiran, puxéronse tamén en fuga diante de Abixaí, irmán de Ioab, e encerráronse na cidade. Ioab volveu a Xerusalén.
16
Vendo os sirios que foran derrotados por Israel, mandaron buscar os sirios do outro lado do Éufrates, que viñeron ó mando de Xofac, xefe do exército de Hadadézer.
17
Sóuboo David e reuniu a todo Israel, e, pasando o Xordán, marchou contra eles, alcanzounos e preparouse a atacalos.
18
Os sirios, despois de se bateren con el, fuxiron diante de Israel, e David matoulles sete mil homes de carros e corenta mil soldados de a pé. Matou tamén a Xofac, xefe do exército.
19
Os homes de Hadadézer, véndose derrotados por Israel, fixeron as paces con David e sometéronselle. Non volveron máis os sirios a socorrer ós fillos de Amón.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29