bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 26
1 Chronicles 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 27 →
1
Tamén foron distribuídos os gardas das portas. Dos corahitas, Meselemías, fillo de Coré, descendente de Abiasaf.
2
Fillo de Mexelemías: Zacarías, o primoxénito; Iediel, o segundo; Zebadías, o terceiro; Iatniel, o cuarto;
3
Elam, o quinto; Iohanán, o sexto; Elioenai, o sétimo.
4
Fillos de Obededom: Semaías, o primoxénito; Iozabad, o segundo; Ioah, o terceiro; Sacar, o cuarto; Natanael, o quinto;
5
Amiel, o sexto; Isacar, o sétimo; Peuletai, o oitavo; pois Deus bendicira a Obededom.
6
A Semaías, seu fillo, nacéronlle fillos que prevaleceron na casa de seu pai e eran homes fortes.
7
Fillos de Semaías: Otní, Rafael, Obed, Elzabad, e seus irmáns, homes fortes, Elihú e Semaquías.
8
Todos estes eran fillos de Obededom. Eles, seus fillos e seus irmáns, foron homes vigorosos e de moita forza para o servizo. En total eran sesenta e dous.
9
Os fillos e os irmáns de Mexelemías, homes tamén fortes, eran dezaoito en total.
10
Os fillos de Merarí foron: Hosah, que tivo por fillos a Ximrí, o xefe (feito xefe por seu pai a pesar de non ser o primoxénito);
11
Hilquías, o segundo; Tebalías, o terceiro; Zacarías, o cuarto. Os fillos e os irmáns de Hosah eran trece en total.
12
A este grupo de porteiros, ós xefes deles e a seus irmáns, foi encomendada a garda para o servizo de templo.
13
Foron sorteados para cada porta, pequenos e grandes, segundo as súas casas paternas.
14
Tocou por sorte a Xelemías o lado de oriente. Botouse a sorte para Zacarías, seu fillo, que era un prudente conselleiro, e tocoulle o lado do mediodía.
15
A Obededom —e a seus fillos— tocoulle sur, onde tamén estaban as despensas.
16
A Hosah tocoulle o lado do occidente, á parte de Xaléquet, que sae á rúa da subida. Estes corpos de garda correspondíanse uns cos outros.
17
A porta de oriente estaba gardada por seis levitas, e a do norte por catro, que se renovaban todos os días. Na porta de mediodía había tamén catro por día. Outros catro servían, de dous en dous, nas despensas.
18
Onda o pórtico, a occidente, había catro na rúa e dous no pórtico.
19
Deste modo foron distribuídos os porteiros, que eran todos fillos de Coré e de Merarí.
20
Os levitas, seus irmáns, tiñan ó seu cargo os tesouros do templo e os obxectos sagrados.
21
Os fillos de Ladán, que por Ladán eran descendentes de Guerxom, tiñan ós guerxonitas por xefes das casas paternas de Ladán, guerxonita.
22
Os fillos de Iehielí, Zetan e Ioel, seu irmán, gardaban os tesouros do templo.
23
De entre os amramitas, iseharitas, hebronitas e uzielitas,
24
Xebuel, fillo de Guerxom, fillo de Moisés, era intendente do tesouro.
25
Os seus irmáns, descendentes de Eliézer, eran: Rehabías, Isaías, Ioram, Zicrí, Xelomit.
26
Este, Xelomit, e seus irmáns, gardaban os tesouros das cousas santas que foran consagradas polo rei David (cos xefes das casas paternas, os xefes de millares e de centenas, e cos xefes do exército),
27
que facían parte do botín de guerra e dos espolios para o templo.
28
Tamén gardaban todo o que fora consagrado por Samuel, o vidente; por Xaúl, fillo de Quix; por Abner, fillo de Ner; por Ioab, fillo de Seruiah. Todas as cousas consagradas estaban baixo a custodia de Xelomit e de seus irmáns.
29
De entre os iseharitas, Ieconías e seus irmáns exerceron funcións alleas ó templo, como oficiais e xuíces de Israel.
30
De entre os hebronitas, Haxabías e seus irmáns, homes valentes (mil setecentos en total) gobernaban ós israelitas do lado de alá do Xordán, na súa parte occidental, tanto no tocante a Iavé, coma no que se refire ó servizo do rei.
31
Polo que fai ós hebronitas, dos que era xefe Ierías, fixéronse, o ano corenta do reinado de David, investigacións segundo as súas xenealoxías e as súas casas paternas, e atopáronse entre eles homes valentes en Iazer de Galaad.
32
Seus irmáns, homes valentes, foron dous mil setecentas cabezas das casas patriarcais. E o rei David encargoulles a administración dos rubenitas, gaditas e da media tribo de Menaxés para todas as cousas de Deus e os asuntos do rei.
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29