bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 28
1 Chronicles 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 29 →
1
David convocou en Xerusalén a todos os xefes de Israel: ós xefes das tribos, ós xefes das divisións ó servizo do rei, ós xefes, xenerais e oficiais, ós intendentes da facenda e do gando do rei, a seus fillos, ós eunucos, ós heroes e a todos os homes de valer.
2
David, poñéndose en pé, dixo: —"Oídeme, meus irmáns e pobo meu: eu tiña o propósito de edificar un templo onde repousase a arca da alianza do Señor, unha casa que lle servise de tallo para os pés do noso Deus, e xa fixera preparativos para isto,
3
pero Deus díxome: ti non edificarás casa ó meu Nome, porque es home de guerra e derramaches moito sangue.
4
O Señor, Deus de Israel, elixiume de toda a casa de meu pai para que fose rei de Israel para sempre. De feito, escolleu a Xudá por caudillo, e da casa de Xudá, á familia de meu pai, e de entre os fillos de meu pai, compraceuse en min para facerme rei de todo Israel.
5
De todos os meus fillos, pois deume Iavé moitos, elixiu a Salomón para se sentar no trono do Señor en Israel.
6
E díxome: Teu fillo Salomón edificará o meu templo e os meus adros, porque o elixín por fillo e serei para el un pai.
7
Eu afirmarei o seu reino para sempre se el se esforza en cumprir os meus mandamentos e os meus estatutos, coma os cumpre hoxe.
8
Agora, pois, ante todo Israel, congregación de Iavé, ante o noso Señor, que nos oe, gardade e observade todos os mandamentos do Señor, o noso Deus, para que teñades esta boa terra e a deixedes en herdade ós vosos fillos a perpetuidade.
9
E ti, Salomón, meu fillo, coñece ó Deus de teu pai e sírveo con corazón perfecto e ánimo xeneroso; porque o Señor esculca os corazóns de todos e penetra todos os pensamentos. Se ti o buscas, atoparalo, pero se o abandonas, refugarate para sempre.
10
Mira que o Señor te elixiu para edificar un templo que sexa o seu santuario. Esfórzate e faino".
11
Entregou David ó seu fillo o trazado do pórtico e as súas dependencias e oficinas, das salas, das cámaras e do lugar para o propietario.
12
Así mesmo, o trazado de canto el quería facer para os adrais do templo do Señor, para as cámaras de arredor, para os tesouros da casa de Iavé e para as cousas consagradas.
13
Así mesmo, no tocante ás clases dos sacerdotes, dos levitas e do exercicio do servizo da casa de Iavé, como tamén de todos os obxectos para ó servizo da casa de Iavé.
14
No tocante ó ouro, o peso de ouro para cada un dos obxectos de cada clase de servizo; e tamén a prata, segundo o peso que correspondía a cada un dos obxectos de cada clase de servizo;
15
Así mesmo, o peso dos candeeiros de ouro e as súas lámpadas de ouro, e para os candeeiros de prata, segundo o peso de cada candeeiro e das súas lámpadas, conforme ó servizo de cada candeeiro;
16
o peso de ouro para as ringleiras de pan, para cada mesa, e a prata para as mesas de prata;
17
ouro puro para os garfos, os caldeiros e as xerras; e así mesmo, o correspondente para as copas de ouro segundo o peso de cada copa, e para as copas de prata, segundo o peso de cada copa;
18
para o altar do incenso, ouro depurado, segundo o peso; así mesmo, o modelo da carruaxe e dos querubíns que estenden as ás e cobren a Arca da alianza de Iavé.
19
Todo isto, conforme ó que escribira Iavé da súa man para facer entender todos os detalles do deseño.
20
E dixo David ó seu fillo Salomón: —"Se forte e ten valor! Mans á obra! Non teñas medo, nin esmorezas, porque Iavé Deus, o meu Deus, está ó teu carón. Non te deixará só, nin te abandonará, ata que remates toda a obra para o servizo da casa de Iavé.
21
Aí tes as clases dos sacerdotes e dos levitas para todo o servizo da casa de Deus; estarán á túa beira para cada clase de obra. Todos os homes de boa vontade e destros para calquera clase de servizo, e os xefes do pobo enteiro, están ás túas ordes".
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29