bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 18
1 Chronicles 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 19 →
1
Despois disto, venceu David ós filisteos e humillounos, arrebatándolles das mans Gat e as cidades da súa dependencia.
2
Venceu tamén ós moabitas, que acabaron suxeitos a David, pagándolle un tributo.
3
Venceu tamén David a Hadadézer, rei de Sobah, no país de Hamat, cando este ía xa asentar o seu dominio sobre o Éufrates.
4
Tomoulle David mil carros, sete mil cabaleiros e vinte mil soldados de a pé; tronzoulle todos os cabalos de tiro, non conservando máis ca uns cen para si.
5
Viñeron os sirios de Damasco en socorro de Hadadézer, rei de Sobah e Damasco, e David derrotou a vinte mil sirios,
6
puxo tropas propias en Damasco, para que os sirios ficasen suxeitos a David, pagándolle tributos. Iavé protexía a David por onde queira que ía.
7
Tomou David os escudos de ouro que pertencían ós soldados de Hadadézer e levounos a Xerusalén.
8
Tamén se apoderou dunha gran cantidade de bronce en Tibhat e Cun, cidades de Hadadézer. Con el fixo máis tarde Salomón o Mar de Bronce, as columnas e os utensilios de bronce.
9
Soubo Tou, rei de Habat, que David derrotara o exército de Hadadézer, rei de Sobah.
10
Entón mandoulle o seu fillo Doram a saudar e felicitar o rei David por atacar e vencer a Hadadézer, pois Tou estaba en loita con Hadadézer.
11
Mandoulle tamén toda sorte de copas de ouro, prata e bronce, que o rei David consagrou a Iavé, xunto co ouro e a prata que tomara a todas as nacións: a Edom, a Moab, ós amonitas, ós filisteos e a Amalec.
12
Abixaí, fillo de Seruiah, venceu a dezaoito mil edomitas no val do Sal,
13
puxo tropas en Edom para que Edom ficase suxeito a David. Iavé protexía a David por onde queira que fose.
14
David reinou sobre Israel todo, facendo dereito e xustiza a todo o pobo.
15
Ioab, fillo de Seruiah, era xefe do exército; Ioxafat, fillo de Ahilud, era o cronista,
16
Sadoc, fillo de Ahitub, e Abimélec, fillo de Abiatar, eran sumos sacerdotes; Seraías era secretario;
17
Benaías, fillo de Iehoiadá, era xefe dos cereteos e peleteos; e os fillos de David eran os primeiros ó lado do rei.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29