bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 16
1 Chronicles 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 17 →
1
Traída a arca de Deus, puxérona no medio da tenda que David levantara para ela, e ofreceron holocaustos e sacrificios de comuñón ante Deus.
2
Cando David acabou cos holocaustos e sacrificios de comuñón bendiciu ó pobo no nome de Iavé,
3
e distribuíu a todo Israel, homes e mulleres, un molete de pan, unha tallada de carne e unha bica de uvas pasas.
4
Puxo levitas ó servizo da arca de Iavé para invocar, loar e enxalzar a Iavé, Deus de Israel:
5
Asaf, o xefe, Zacarías, o segundo; logo Uziel, Xemiramot, Iehiel, Matitías, Eliab, Benaías, Obededom e Ieiel, con harpas e cítolas. Asaf facía soar os pratos.
6
Os sacerdotes Benaías e Iahziel tocaban continuamente as trompetas perante a arca da alianza de Iavé.
7
Aquel día, David, encargou por primeira vez a Asaf e a seus irmáns, para cantar as loanzas de Iavé, este canto:
8
—"Loade a Iavé, invocade o seu nome! Pregoade ós pobos as súas fazañas!
9
Cantádelle, cantade salmos na súa honra! Dade a coñecer todos os seus portentos!
10
Gloriádevos no seu santo nome! Alégrese o corazón dos que procuran a Iavé!
11
Acudide a Iavé e á súa forza, buscade sempre o seu rostro!
12
Lembrádevos das marabillas que fixo, dos seus prodixios, dos xuízos da súa boca!
13
Descendentes de Israel, o seu servo, fillos de Xacob, o seu elixido!
14
Iavé é o noso Deus, El goberna a terra toda.
15
Lémbrase sempre da súa alianza, das promesas por mil xeracións;
16
da alianza que fixo con Abraham, do xuramento feito a Isaac,
17
do que fielmente estableceu con Xacob, e con Israel como pacto eterno,
18
dicindo: dareiche a terra de Canaán que será porción da vosa herdade.
19
Daquela eran pouco numerosos, pouco numerosos e estranxeiros no país.
20
Cando ían vagabundos de nación en nación, de reino en reino,
21
non consentiu que ninguén os asoballase, e por causa deles castigou ós reis:
22
Non toquedes os meus unxidos, non fagades mal ós meus profetas.
23
Cantade a Iavé, homes de toda a terra, pregoade, un día e outro, a súa salvación!
24
Pregoade a súa gloria entre as xentes, os seus prodixios a todos os pobos!
25
Porque Iavé é grande, digno de toda loanza, temible sobre todos os deuses.
26
Porque os deuses dos pobos son ídolos, pero Iavé é o facedor dos ceos.
27
Maxestade e magnificencia sexan perante El, fortaleza e beleza na súa morada.
28
Familias dos pobos, aclamade a Iavé, dade a Iavé honra e gloria!
29
Dade gloria ó nome de Iavé! Traede ofrendas, vinde visitalo, adorádeo no adro sagrado!
30
Trema a terra na súa presenza. El afianzou o orbe, e non se moverá.
31
Alédese o ceo e exulte a terra, pregóese entre as xentes: "Iavé reina!".
32
Brúe o mar e canto o enche, salte de xúbilo o agro e canto hai nel.
33
Salten as árbores das selvas diante de Iavé, pois vén rexer a terra.
34
Dade grazas a Iavé porque é bo, porque é eterna a súa misericordia.
35
Dicide: sálvanos, oh Deus!, saúde nosa, xúntanos e líbranos das xentes, para que confesemos o teu nome e poñamos a nosa gloria en loarte
36
Bendito sexa Iavé, Deus de Israel, por toda a eternidade!". E todo o pobo respondeu: —"Amén! Aleluia!"
37
David deixou alí, diante da arca da alianza de Iavé, a Asaf e os irmáns, para que constantemente servisen diante da arca cada cousa ó seu tempo.
38
A Obededom fillo de Ieditún e os seus irmáns, en número de sesenta e oito, nomeounos porteiros.
39
Asimesmo a Sadoc e ós seus irmáns, sacerdotes, encargounos do santuario de Iavé que está na altura de Gabaón,
40
para que alí ofrecesen a Iavé continuamente, mañá e tarde, holocaustos, e cumprisen todo canto está escrito na Lei dada por Iavé a Israel.
41
Con eles estaban Hemán e Ieditún e os restantes escollidos e nominalmente asignados para louvar a Iavé: —"Porque é eterna a súa misericordia".
42
Hemán e Ieditún facían soar trompetas, pratos e outros instrumentos músicos, cos que acompañaban os cantos en honra de Deus. Os fillos de Ieditún eran porteiros.
43
Todo o pobo foise logo, cada un á súa casa, e David volveuse a bendicir a súa.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29