bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Chronicles 2
1 Chronicles 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 3 →
1
Velaquí os fillos de Israel: Rubén, Simeón, Leví, Xudá, Isacar, Zebulón,
2
Dan, Xosé, Benxamín, Naftalí, Gad e Axer.
3
Fillos de Xudá: Er, Onán e Xelah; estes tres nacéronlle da filla de Xúa, a cananea. Er, primoxénito de Xudá, foi ruín ós ollos de Iavé, quen o fixo morrer.
4
Tamar, nora de Xudá, deulle dous fillos: Peres e Zérah. Por xunto os fillos de Xudá son cinco.
5
Fillos de Peres: Hesrón e Hamul.
6
Fillos de Zérah: Zimrí, Etán, Hemán, Calcol e Dara. Cinco en total.
7
Fillo de Carmí: Acar, que turbou a Israel cando foi infiel ó anatema.
8
Fillo de Etán: Azarías.
9
Fillos que lle naceron a Hesrón: Ierahmel, Ram e Quelubai.
10
Ram xerou a Aminadab. Aminadab xerou a Nahxón, príncipe dos fillos de Xudá;
11
Nahxón xerou a Salmá; Salmá xerou a Boaz;
12
Boaz xerou a Obed; Obed xerou a Ixaí;
13
Ixaí xerou a Eliab, o seu primoxénito; a Abinadab, o segundo; a Ximá, o terceiro;
14
A Netanel, o cuarto; a Radai, o quinto;
15
A Osem, o sexto; e a David, o sétimo.
16
As súas irmás foron Seruiah e Abigail. Fillos de Seruiah: Abixai, Ioab e Asael: en total, tres.
17
Abigail pariu a Amasá, sendo seu pai Iéter, o ismaelita.
18
Caleb, fillo de Hesrón, tivo fillos de Azubah e foron: Iéxer, Xobab e Ardón.
19
Cando morreu Azubah, Caleb tomou por muller a Efratah, que lle deu a Hur.
20
Hur xerou a Urí, e Urí xerou a Besalel.
21
Logo, Hesrón coñeceu á filla de Maquir, pai de Galaad, cando tiña sesenta anos, da que naceu Segub.
22
Segub xerou a Iaír, que tivo vinte e tres cidades na terra de Galaad,
23
e arrebatou a Guexur e a Aram as vilas de Iaír, Quenat, e as cidades da súa dependencia: sesenta cidades. Todo isto pertencía a Maquir, pai de Galaad.
24
Despois da morte de Hesrón, Caleb uniuse a Efratah, muller de seu pai Hesrón, da que tivo Axhur, fundador de Tecoa.
25
Os fillos de Ierahmel, o primoxénito de Hesrón, foron: Ram o primoxénito, e Bunah e Orén, seus irmáns.
26
Ierahmel tivo outra muller chamada Atarah, que foi nai de Onam.
27
Os fillos de Ram, primoxénitos de Ierahmel, foron: Maas, Iamín e Équer.
28
Os fillos de Onam foron: Xamai e Iadá. Fillos de Xamai: Nadab e Abixur.
29
O nome da muller de Abixur era Abigail, da que tivo a Ahbán e Molid.
30
Fillos de Nadab: Séled e Apaim. Séled morreu sen fillos.
31
Fillos de Apaim: Ixí. Fillo de Ixí: Xexán. Fillo de Xexán: Ahlai.
32
Fillos de Iadá, irmán de Xamai: Iéter e Ionatán. Iéter morreu sen fillos.
33
Fillos de Ionatán: Pélet e Zazá. Estes son os fillos de Ierahmel.
34
Xexán non tivo fillos, pero si fillas. Xexán tiña un escravo exipcio chamado Iarhá,
35
ó que lle deu a súa filla por muller e de quen naceu Atai.
36
Atai xerou a Natán, e Natán xerou a Zabad;
37
Zabad xerou a Eflal; Eflal xerou a Obed;
38
Obed xerou a Iehú; Iehú xerou a Azarías;
39
Azarías xerou a Hales; Hales xerou a Elasah.
40
Elasah xerou a Sismai; Sismai xerou a Xalum;
41
Xalum xerou a Iecamías; Iecamías xerou a Elixamá.
42
Fillos de Caleb, irmán de Ierahmel: Mesá, o seu primoxénito, que foi pai de Zif e Marexah, pai de Hebrón.
43
Fillos de Hebrón: Córah, Tapúah, Réquem e Xama.
44
Xama xerou a Ráham, pai de Iorqueam; Réquem xerou a Xamai.
45
Fillo de Xamai: Maón, fundador de Bet—Sur.
46
Efah, concubina de Caleb, tivo a Harán, Mosá e Gazez. Harán xerou a Gazez.
47
Fillos de Iahdai: Réquem, Iotam, Guexam, Pélet, Efah e Xáaf.
48
Macah, concubina de Caleb, tivo a Xéber e Tirhanah.
49
Tamén pariu a Xáaf, fundador de Madmanah, e a Xevá, fundador de Macbenah e de Guibá. Filla de Caleb foi Acsah.
50
Estes foron os fillos de Caleb, fillo de Hur, primoxénito de Efratah: Xobal, fundador de Quiriat—Iearim.
51
Salmá, fundador de Belén; Háref, fundador de Bet—Gader.
52
Xobal, fundador de Quiriat—Iearim, foi pai de Haroeh, de xeito que tivo a metade dos menuhitas.
53
As familias de Quiriat—Iearim foron os futieos, os xumateos, e os miraítas. Destas familias saíron os saratitas e os extaolitas.
54
Fillos de Salmá: Belén e os netofateos; Atarot, Bet—Ioab, a metade dos manahteos e os soritas.
55
Familias de escribas que viven en Iabés: os tirateos, os ximateos e os sucateos. Estes eran os quenitas, descendentes de Hamat, pai dos recabitas.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29