bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 1
Romans 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 2 →
1
Paulo, escravo de Cristo Xesús, chamado para ser apóstolo, escollido para o Evanxeo de Deus,
2
que El prometera antes por medio dos seus profetas nas Escrituras santas,
3
e que trata do seu Fillo Xesús Cristo o noso Señor, que como home naceu da semente de David,
4
pero que polo Espírito santificador foi constituído Fillo de Deus con pleno poder ó ser resucitado dos mortos.
5
Por medio del recibimos o don de ser apóstolos, para promovermos entre todos os pobos xentís a obediencia da fe, en honor do seu nome.
6
Entre eles tamén vos contades vós, chamados por Xesús Cristo.
7
A todos os predilectos de Deus, que estades en Roma, chamados a serdes santos, deséxovos graza e paz de parte de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.
8
Primeiro de todo, doulle grazas ó meu Deus por medio de Xesús Cristo, a causa de todos vós, porque a vosa fe ten sona no mundo enteiro.
9
Deus, a quen dou culto no fondo do meu corazón anunciando o Evanxeo do seu Fillo, sabe moi ben que eu me estou a lembrar acotío de vós
10
en todas as miñas oracións, rogando que, se é a súa vontade, eu teña por fin a satisfacción de vos ir visitar como sexa.
11
Teño moita gana de vos ver, para repartir convosco algún don espiritual que vos fortaleza;
12
é dicir, para nos animar mutuamente coa fe duns e doutros: a vosa e mais a miña.
13
Ademais quero que saibades, irmáns, que moitas veces me propuxen irvos visitar, coa intención de recoller algún froito tamén entre vós, coma entre os outros pagáns e polo de agora non puido ser.
14
Estou en débeda con gregos, con estranxeiros, con sabios e con ignorantes;
15
Así que, en canto dependa de min, estou disposto a vos anunciar o Evanxeo tamén a vós, os de Roma.
16
Porque eu non me avergonzo do Evanxeo, que é unha forza de Deus para a salvación de todo o que cre; primeiramente do xudeu, pero tamén do grego.
17
Porque nel a xustificación de Deus revélase desde a fe e para a fe, tal como está escrito: o que é xusto pola fe, vivirá.
18
Ademais estase manifestando a ira de Deus desde o ceo sobre toda impiedade e inxustiza dos homes, que coa inxustiza asoballan a verdade.
19
Porque o que se pode coñecer de Deus téñeno ben a vista, que Deus llelo puxo diante dos ollos.
20
Porque o que de Deus é invisible, é dicir, a súa potencia eterna e a súa divindade, resúltalle visible, desde que o mundo é mundo, a quen reflexiona sobre as súas obras; de xeito que non teñen escusa.
21
Porque, cando coñeceron a Deus, non o loaron coma tal, nin lle deron grazas; máis ben, parvearon con matinacións baleiras e o seu corazón insensato encheuse de tebras:
22
téndose por moi listos volvéronse parvos,
23
que trocaron a gloria do Deus inmortal por imaxes corruptibles de homes, de paxaros, de bestas e de réptiles.
24
Por iso Deus abandonounos ás cobizas dos seus corazóns e chegaron a envilecer os seus propios corpos,
25
por trocaren o Deus verdadeiro por un falso, e por honraren e daren culto á criatura en lugar do Creador (Bendito e loado polos séculos. Amén!).
26
Por iso abandonounos Deus ás paixóns degradantes: as súas mulleres cambiaron o uso natural polo que é contra a natureza.
27
E os homes, outro tanto: deixaron o uso natural da muller, arderon en cobizas duns polos outros, homes con homes, cometendo torpezas e recibindo o pagamento do seu extravío en si mesmos.
28
E, como lles pareceu inadmisible seguir recoñecendo a Deus, Deus abandonounos ó perverso pensamento de faceren o que non é decente.
29
Están ateigados de toda clase de inxustiza, maldade, cobiza, perversidade; cheos de envexa, de homicidios, de rifas, de enganos, de depravación; son detractores,
30
murmuradores, inimigos de Deus, inxuriosos, soberbios, fachendosos, inventores de males, rebeldes cos seus pais;
31
sen xuízo, sen palabra, sen afecto, sen misericordia.
32
Eles coñecen ben a xustiza de Deus, que castiga coa morte ós que tal fan; pero, aínda así, eles fano e, por riba, apláudenlle a quen o faga.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16