bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 10
Romans 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 11 →
1
Irmáns as arelas do meu corazón e a miña oración a Deus por eles é para que se salven.
2
Eu dou fe en favor deles de que teñen fervor relixioso, pero non é un fervor ben entendido.
3
Pois ignorando a xustificación de Deus, e procurando establecer a súa propia, non se someteron á xustificación de Deus.
4
Porque a culminación da Lei é Cristo, para xustificar a todos os que cren.
5
Pois Moisés escribe da xustificación que vén pola Lei: quen a practica, sálvase por ela.
6
Pero a xustificación que vén pola fe di así: Non digas no teu corazón, quen subirá ó ceo? (é dicir, para facer baixar a Cristo).
7
Ou quen baixará ó abismo? (é dicir, para facer subir a Cristo de entre os mortos).
8
Que di, logo, positivamente? Cerca de ti está a palabra, na túa boca e no teu corazón. Esa é a palabra da fe que anunciamos.
9
Porque, se confesas coa túa boca que Xesús é Señor e cres de corazón que Deus o resucitou dos mortos, serás salvo.
10
Pois é crendo co corazón como se chega á xustificación; e é confesando coa boca como se chega a salvación.
11
Porque di a Escritura: todo o que crea nel non quedará defraudado.
12
Pois non hai diferenza entre o xudeu e o grego, xa que un mesmo é o Señor de todos, rico para todos os que o invocan;
13
por—que todo o que invoque o nome do Señor será salvo.
14
Ora, como han de invocar a aquel en quen non creron? Como han de crer naquel de quen non oíron falar? Como han de oír, sen alguén que anuncie?
15
Como han de anunciar, se non os mandan? Por iso está escrito: Benvidos os pés dos que anuncian o ben.
16
Pero non todos aceptaron a Boa Nova. Pois xa di Isaías: "Señor, quen fixo caso da nosa predicación?".
17
Polo tanto, a fe é suscitada pola predicación, e a predicación vén pola palabra de Cristo.
18
E digo eu: Eles non oirían? Por forza! Por toda a terra se espallou a súa voz, e ata o cabo do mundo as súas palabras.
19
Pero insisto: será que Israel non entendeu? Moisés é o primeiro en dicir: Eu vouvos meter celos por un pobo que nin tan sequera o é; por un pobo parvo vouvos enfurecer.
20
Isaías atrévese a dicir: Atopáronme os que non me buscaban, e manifesteime ós que non preguntaban por min.
21
E referíndose a Israel, di: Todo o día estiven a estender as miñas mans cara a un pobo desobediente e teimudo.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16