bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 2
Romans 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 3 →
1
Por iso, non tes escusa ti, home, quenquera que sexas, cando xulgas; pois ó dares sentencia contra outros, estaste condenando a ti mesmo, xa que fas aquilo mesmo que xulgas condenable.
2
Pois sabemos que o xuízo de Deus contra todos os que tales cousas fan está conforme coa verdade.
3
Seica pensas, home, que por xulgares os que fan esas cousas (facendo como fas ti o mesmo) xa vas escapar por iso ó xuízo de Deus?
4
Ou é que abusas da súa inesgotable bondade, do seu aguante e da súa paciencia, e non te decatas de que esa benignidade de Deus está tratando de te encamiñar cara á conversión?
5
Na medida da túa dureza e do teu impenitente corazón estás amoreando ira contra ti mesmo para o día da ira e da manifestación do xusto xuízo de Deus.
6
Pois El daralle a cadaquén conforme ós seus feitos:
7
ós que perseveran nas boas obras e buscan a gloria, a honra e a inmortalidade, halles dar vida eterna;
8
pero ós que só pensan no seu e non seguen a verdade, senón a inxustiza, halles dar castigo e ira.
9
Tormento e estreitura para todos cantos cometen o mal, primeiramente para o xudeu, pero tamén para o grego;
10
gloria, honor e paz para todo o que fai o ben, primeiro para o xudeu, pero tamén para o grego.
11
Pois Deus non fai acepción de persoas:
12
os que pecaron sen estaren baixo a Lei, perecerán sen a Lei; e os que pecaron dentro da Lei serán xulgados por medio da Lei.
13
Pois non abonda escoitar a Lei para estar a ben con Deus, senón que cómpre practicala para recibir o seu beneplácito.
14
Cando os pagáns, con non teren Lei, practican naturalmente o que manda a Lei, entón aínda faltándolles a Lei, eles son lei para si mesmos.
15
E así amosan que levan escrito nos seus corazóns o efecto da Lei; failles de testemuña a súa propia conciencia, e de acusadores ou defensores os seus razoamentos.
16
Así será no día en que por medio de Xesús Cristo xulgue Deus as cousas escondidas dos homes conforme ó Evanxeo que eu predico.
17
Imos ó caso: ti que te consideras xudeu e confías na Lei e te oufanas de Deus;
18
ti que coñeces a súa vontade e, adoutrinado pola Lei, acertas o que é mellor;
19
que estás convencido de seres guía dos cegos, luz dos que están na escuridade,
20
educador dos ignorantes, mestre dos simples, porque tes na Lei a representación do saber e da verdade.
21
Ben, pois ti, que adoutrinas ós outros, non te adoutrinas ti? Ti, que predicas que non se roube, roubas?
22
Ti, que dis que non se pode adulterar, adulteras? Ti, que abominas dos ídolos, roubas nos templos?
23
Ti, que te gabas de ter a Lei, deshonras a Deus transgredindo a Lei?
24
Por iso, como está escrito, pola vosa culpa maldín os pagáns o nome de Deus.
25
Certo, a circuncisión é útil, se practicas a Lei; pero, se ti es un transgresor da Lei, a circuncisión convértese en incircuncisión.
26
Pois, se o que é incircunciso practica o que manda a Lei, non é certo que a súa incircuncisión se volve circuncisión?
27
Fisicamente non está circuncidado, pero, se cumpre a Lei, hate de xulgar a ti, que, con teres a Escritura e a circuncisión, es transgresor da Lei.
28
Porque non é xudeu quen o aparenta externamente, nin é auténtica a circuncisión só na carne;
29
senón que é xudeu quen o é por dentro: e a verdadeira circuncisión é a do corazón, por obra do Espírito, non pola letra: ese tal recibe a gabanza non dos homes, senón de Deus.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
Recommended Reading
Commentary
Romans Commentaries
→
Devotional
Romans Devotional Guide
→
Get This Bible
Galacian (Biblia SEPT) Study Bible
→