bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 7
Romans 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 8 →
1
Ou descoñecedes, irmáns falo para os que coñecedes a Lei que a lei domina no home unicamente mentres vive?
2
Así a muller casada está sometida pola lei ó home mentres lle vive; pero, se morre o home, queda liberada da vinculación legal a el.
3
Por iso, se mentres lle vive o home, vai con outro, será adúltera; pero, se lle morre o home, queda libre desa lei; de forma que xa non será adúltera se casa con outro home.
4
Así que, meus irmáns, tamén vós quedastes mortos para a Lei mediante o corpo de Cristo, para pertencerdes a outro: a aquel que resucitou dos mortos; de xeito que deamos froitos para Deus.
5
De feito, cando estabamos na nosa condición irredenta, os degoros do pecado suscitados pola Lei influían nos nosos membros, a fin de que frutificásemos para a morte.
6
Pero agora, mortos a aquilo que nos encadeaba, quedamos liberados da Lei, de modo que poidamos servir na novidade do espírito e xa non máis na decrepitude da letra.
7
Temos que concluír, logo, que a Lei é pecado? De ningunha maneira. Non obstante, eu non coñecín o pecado senón pola Lei, porque non coñecería a cobiza se a Lei non dixese "non cobizarás".
8
O pecado, aproveitando a ocasión que lle ofrecía o mandamento, fixo inzar en nós toda clase de cobiza; fóra da Lei o pecado está morto.
9
De feito houbo un tempo no que eu non estaba baixo a Lei, e vivía; pero, ó aparecer a Lei, recobrou a vida o pecado
10
e morrín eu. Atopeime así con que o mandamento, que era para dar vida, daba a morte.
11
Porque o pecado, aproveitando a ocasión que lle ofrecía o mandamento, extravioume e, valéndose del, levoume á morte.
12
Por conseguinte, en si a Lei é santa e o mandamento santo, xusto e bo.
13
Resulta, logo, que o que era bo se fixo morte para min? Non, abofé. Pero o pecado, valéndose do que era bo, causoume a morte, mostrándose así no seu auténtico carácter de pecado; dese xeito, grazas ó mandamento, resalta extraordinariamente o carácter criminal do pecado.
14
Certo que sabemos que a Lei é espiritual; pero eu son carnal, vendido coma escravo ó pecado.
15
Realmente, o que fago non o entendo: posto que non fago aquilo que quero, senón que fago precisamente aquilo que detesto.
16
E, se o que fago é o que non quero, con iso recoñezo que a Lei é boa.
17
Pero entón xa non son eu o que obro, senón, máis ben o pecado que mora en min.
18
Pois sei que non é o ben o que mora en min, é dicir, na miña condición irredenta, porque o querer está dentro de min, pero o obrar o ben, non.
19
Pois non fago o ben que quero, senón que fago o mal que non quero.
20
E se o que fago é xustamente o que non quero, non son eu quen o fai, senón o pecado que mora en min.
21
Atopo, por tanto, en min esa lei: que, ó querer facer o ben, o que me sae é o mal.
22
Na intimidade do meu ser comprázome coa Lei de Deus,
23
pero vexo outra lei no meu corpo, que lle fai a guerra á lei da miña razón, escravizándome á lei do pecado, que levo no meu corpo.
24
Pobre de min! Quen me librará deste meu corpo instrumento da morte?
25
Pero, si: grazas a Deus por medio de Xesús Cristo o noso Señor! Así que eu mesmo coa razón sirvo á Lei de Deus, pero cos baixos instintos á lei do pecado.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16