bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 9
Romans 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 10 →
1
Coma discípulo de Cristo digo a verdade, non minto, e dáme disto testemuño a miña propia conciencia, alumada polo Espírito Santo:
2
que teño moi grande dor e o meu corazón sofre seguido.
3
Quixera ser eu mesmo maldito, apartado de Cristo, por mor dos meus irmáns, os meus parentes de estirpe.
4
Eles son israelitas e a eles pertencen a adopción filial, a gloria de Deus e as alianzas, a lexislación, o culto e as promesas;
5
A eles pertencen os patriarcas; e deles vén Cristo coma home. O Deus que está sobre todo, sexa bendito polos séculos. Amén.
6
Non é, de ningún xeito, que a palabra de Deus fallase. O que pasa é que non todos os que veñen de Israel son israelitas,
7
nin todos os que nacen de Abraham son fillos seus. Máis ben: en Isaac estará a túa descendencia;
8
isto é, non os fillos da carne son por iso fillos de Deus, senón que só os fillos da promesa son recoñecidos coma descendencia.
9
Pois as palabras da promesa son: Por este mesmo tempo virei e Sara terá un fillo.
10
Pero isto non é todo. Tamén Rebeca tivo dous fillos dun só home, de Isaac, o noso pai.
11
E, cando aínda non naceran, nin puideran facer nada, nin bo nin malo a fin de que continuase firme o plan de Deus, que depende da súa elección:
12
non das obras senón del, que chama xa se lle dixo a Rebeca: o máis grande servirá ó máis pequeno,
13
tal como está escrito: quixen a Xacob, preferino a Esaú.
14
Tiramos, logo, a conclusión de que Deus é inxusto? De ningunha maneira.
15
Pois díxolle a Moisés: Heime compadecer de quen eu queira, e hei ter misericordia de quen eu queira.
16
Polo tanto, non depende do querer ou do correr do home, senón de que Deus se compadeza.
17
Pois di a Escritura ó Faraón: Para isto te levantei: para mostrar en ti o meu poder e para que se proclame o meu nome en toda a terra.
18
En resumo: de quen quere compadécese, e a quen quere enduréceo.
19
Quizais me dirás: por que aínda se queixa, logo? Quen é capaz de contradicir a súa vontade?
20
Home! E quen es ti para contradicires a Deus? Poderalle dicir o barro a quen o modela: por que me fas así?
21
Ou non ten poder o oleiro para facer da mesma masa un cacharro nobre ou un cacharro para usos comúns?
22
E que, se Deus, querendo mostrar a súa ira e dar a coñecer o seu poder, soportou con moita paciencia ós que eran obxecto de reprobación, listos xa para a destrución;
23
e isto para dar a coñecer a abundancia da súa gloria en favor dos que eran obxecto de misericordia, que de antemán preparou para a gloria?
24
(Estes somos nós, que nos chamou non só de entre os xudeus, senón tamén de entre os xentís).
25
Pois iso é o que se di en Oseas: Hei chamar "meu pobo" a quen non é o meu pobo, e á non amada, "a miña amada";
26
e no lugar onde se lles dixo: "vós non sodes o meu pobo", alí mesmo hanse chamar "fillos do Deus vivo".
27
E Isaías proclama a propósito de Israel: Aínda que o número dos fillos de Israel sexa coma o das areas do mar, hase salvar un resto soamente:
28
Totalmente e sen tardanza cumprirá o Señor a súa palabra na terra.
29
E conforme dixo tamén Isaías: Se o Señor dos Exércitos non nos deixase unha descendencia, pasaríanos coma ós de Sodoma, semellariámonos ós de Gomorra.
30
Temos que concluír, logo, que os pagáns, que non buscaban xustificación, conseguiron a xustificación? Si, pero a xustificación que vén da fe.
31
Israel, en cambio, que buscou con gran esforzo unha lei que dese a xustificación, non conseguiu tal lei.
32
E por que? Porque non a buscaron pola fe, senón polas obras: bateron na pedra
33
da que fala a Escritura: Ollo! Que poño en Sión unha pedra de tropezo, un rebo que fai caer; pero quen crea nel non quedará defraudado.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16