bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 14
Romans 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 15 →
1
A quen ten a fe débil, acollédeo sen criticar opinións.
2
Hai quen cre poder comer de todo, pero o feble non come máis ca verduras.
3
O que come, non desprece ó que non come; e o que non come, non condene ó que come, pois tamén a este o acolle Deus.
4
Quen es ti para xulgar o criado alleo? Que siga en pé ou que caia, é cousa do seu Señor. Pero seguro que seguirá en pé, porque o Señor ten forza para o manter dereito.
5
Hai quen dá máis importancia a un día ca a outro; en troques, outro considera todos os días igual. Que cadaquén obre por plena convicción.
6
Quen garda un día gárdao para o Señor; quen come de todo faino polo Señor e dálle grazas a Deus; e quen non come tamén o fai polo Señor e, a proba é que tamén lle dá grazas a Deus.
7
Ningún de nós vive para si, e ningún de nós morre para si.
8
Se vivimos, para o Señor vivimos; e, se morremos, para o Señor morremos; así que, vivamos ou morramos, somos do Señor.
9
Por iso mesmo morreu e resucitou Cristo: para ser dono dos mortos e dos vivos.
10
E ti por que xulgas a teu irmán? E ti por que desprezas a teu irmán? Se todos temos que comparecer diante do tribunal de Deus!
11
Porque está escrito: Pola miña vida, di o Señor: todo xeonllo se dobrará diante de min, e toda lingua ha de confesar a Deus.
12
Por tanto cada un de nós dará conta de si a Deus.
13
Non nos xulguemos uns a outros, mais ben coidade de non lle pór ó irmán nin tropezo nin escándalo.
14
Sei e estou seguro no Señor Xesús que non hai cousa impura de seu. As cousas son impuras para quen as ten por impuras.
15
Polo tanto, se por causa de comeres unha determinada comida se entristece o teu irmán, xa non te portas con caridade. Que por culpa da túa comida non pereza alguén por quen Cristo morreu.
16
Que o que é ben para vós non sexa ocasión de maledicencia.
17
Pois o Reino de Deus non é comida nin bebida, senón xustiza, paz e alegría no Espírito Santo.
18
Quen nisto serve a Cristo é agradable a Deus e considerado polos homes.
19
Procuremos, logo, aquilo que leva á paz e á mutua edificación.
20
Por unha cuestión de comida non destrúas a obra de Deus. Todo é certamente puro, pero está mal comer causando escándalo a outros.
21
É mellor non comer carne nin beber viño nin nada, se iso fai tropezar a teu irmán.
22
A convicción que ti tes, gárdaa para ti diante de Deus. Benia quen toma a súa decisión sen complexos de culpabilidade!
23
Pero o que ten dúbidas, condénase se come, porque non o fai con boa conciencia, e todo canto non se fai con boa conciencia é pecado.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16