bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 12
Romans 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 13 →
1
Rógovos, logo, irmáns, pola misericordia de Deus, que ofrezades os vosos corpos coma sacrificio vivo, santo, grato a Deus: coma o voso culto espiritual.
2
E non vos axustedes ó mundo presente. Transformádevos, máis ben, pola renovación da mente, para que poidades coñecer cal é a vontade de Deus: o bo, o que lle agrada, o perfecto.
3
En virtude da graza que se me deu, dígovos, por tanto, a todos e a cada un de vós: que ninguén se teña por máis do que convén, senón que un se teña no que se debe ter, conforme á medida da fe que Deus lle deu a cadaquén.
4
De igual xeito que nun só corpo temos moitos membros, e non todos os membros teñen a mesma función,
5
Así nós, con sermos moitos, somos un só corpo en Cristo; e individualmente somos membros uns dos outros.
6
Pero, ó termos dons diferentes, hanse exercer conforme á graza que se nos concedeu: se temos don de profecía, debe ser en harmonía coa fe;
7
se de ministerio, no servizo; se de ensinanza, no ensino;
8
se de consolación, no conforto; se de dar esmola, con xenerosidade; o que preside, con solicitude; o que se compadece, con alegría.
9
Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e apegádevos ó ben:
10
sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua;
11
no traballo non teñades preguiza; no espírito, afervoados; para o Señor, coma escravos.
12
Alegres na esperanza, con constancia no sufrimento, afincados na oración;
13
solidarios nas necesidades dos santos e practicando a hospitalidade.
14
Bendicide ós que vos perseguen, bendicide e non maldigades.
15
Alegrádevos cos que están alegres, chorade cos que choran.
16
Tédevos na mesma estima uns a outros: non vos deades aires de grandeza, senón acomodádevos ós humildes. Non vos teñades por moi sabidos.
17
Non volvades mal por mal a ninguén: que todo o mundo vexa que procurades o ben.
18
No posible, en canto dependa de vós, mantede a paz con todos os homes.
19
Meus queridos amigos, non tomedes por vós mesmos a vinganza; deixade máis ben que actúe a ira de Deus, pois está escrito: miña é a vinganza, eu darei o merecido, di o Señor.
20
Pero se o teu inimigo ten fame, dálle de comer; se ten sede, dálle de beber: obrando así, amoreas brasas acesas enriba da súa cabeza.
21
Non te deixes vencer polo mal, senón vence o mal a forza de ben.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16