bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 8
Romans 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 9 →
1
Como consecuencia: nin resto de condenación hai agora para os que están unidos a Cristo Xesús.
2
Porque a lei do Espírito, que rexe a vida unida a Cristo Xesús, libroume da lei do pecado e da morte.
3
Pois o imposible para a Lei, por estar incapacitada por culpa da nosa condición irredenta, realizouno Deus: mandando, por cousa do pecado, o seu propio Fillo nunha condición semellante á condición do pecado, condenou o pecado nesa propia condición.
4
Deste xeito o mandato da Lei pode cumprirse en nós, que non vivimos xa conforme a esa condición, senón conforme ó Espírito.
5
Pois os que viven conforme os baixos instintos buscan as cousas dos mesmos, pero os que viven conforme o Espírito buscan as do Espírito.
6
A cobiza dos baixos instintos é morte, pero a arela do espírito é vida e paz.
7
Porque a cobiza da baixa condición é inimiga de Deus, posto que non se somete á Lei de Deus, nin sequera pode;
8
e os que viven conforme tal condición non poden agradar a Deus.
9
Pero vós non vivides así, senón conforme o Espírito, posto que o Espírito de Deus habita en vós: se algún non ten o Espírito de Cristo, ese non é de Cristo.
10
Se Cristo está en vós, o voso corpo certamente está morto por culpa do pecado, mais o Espírito é vida por causa da xustiza.
11
Se o Espírito do que resucitou dos mortos a Xesús habita en vós, o mesmo que resucitou a Cristo dos mortos vivificará os vosos corpos mortais polo seu Espírito que habita en vós.
12
Polo tanto, irmáns, somos de certo debedores; pero non da baixa condición, para vivirmos segundo ela.
13
Porque, se vivides segundo a baixa condición, teredes que morrer pero, se coa axuda do Espírito mortificades as obras do corpo, viviredes.
14
Cantos se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos de Deus.
15
Pois non recibistes un espírito de escravitude, para volverdes ó medo. Non. Vós recibistes un espírito de fillos adoptivos, grazas ó que podemos gritar: "Abbá": Pai!
16
Este mesmo Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos fillos de Deus.
17
E, se fillos, tamén herdeiros: herdeiros de Deus e coherdeiros con Cristo; xa que, se padecemos con el, é para sermos tamén despois glorificados con el.
18
Pois penso que non hai comparanza entre os padecementos da vida presente e a gloria vindeira, que se vai revelar en nós.
19
Pois a esperanza viva da creación agarda arelante a revelación dos fillos de Deus.
20
Porque a creación está sometida ó fracaso; non pola propia vontade, senón polo poder daquel que a someteu, aínda que coa esperanza
21
de que tamén a mesma creación será liberada da escravitude da corrupción e levada á salvación gloriosa dos fillos de Deus.
22
Pois sabemos que toda a creación vén xemendo ata hoxe e coma con dores de parto.
23
E non só isto, senón que nós mesmos, que temos xa as primicias do Espírito, xememos dentro de nós, degorando pola filiación, pola liberación do noso corpo.
24
Pois é en esperanza como estamos salvados. Ora, a esperanza do que se ve non é esperanza, pois o que un xa ve como o pode esperar?
25
Pero, se esperamos o que non vemos, demostramos esperar con constancia.
26
Do mesmo xeito, tamén o Espírito acode a axudar a nosa debilidade. Nós non sabemos como debemos orar para pedir o que convén; pero o Espírito en persoa intercede por nós con xemidos máis fondos cás palabras.
27
E o Deus que escruta os corazóns, coñece a intención do Espírito, pois El intercede polos crentes, conforme á vontade de Deus.
28
Sabemos ademais que todo colabora para o ben dos que aman a Deus, dos que foron escolleitos segundo os seus designios.
29
Pois El distinguiunos primeiro e predestinounos a reproducirmos a imaxe do seu Fillo, de tal maneira que el sexa o primoxénito entre moitos irmáns.
30
E a eses que predestinou, tamén os chamou; e a eses que chamou, tamén os xustificou; e a eses que xustificou, tamén lles deu a súa gloria.
31
Que máis se pode dicir despois disto? Se Deus está connosco, quen contra nós?
32
Aquel que non aforrou a seu propio Fillo senón que o entregou por todos nós, como non nos vai regalar todo xunto con El?
33
Quen acusará ós escolleitos de Deus? Sendo Deus o que perdoa,
34
quen os vai condenar? Cristo Xesús, o que morreu, mellor, o que resucitou, o que está á dereita de Deus e que intercede por nós?
35
Quen nos pode arredar do amor de Cristo? a tribulación, a angustia, a persecución, a fame, a nudez, o perigo, ou a espada?
36
Porque está escrito: Por causa túa estamos ás portas da morte o día enteiro, parecemos ovellas listas para o sacrificio.
37
Pero en todas estas cousas vencemos coa axuda daquel que nos amou.
38
Porque estou seguro de que nin a morte nin a vida, nin os anxos nin os principados, nin o presente nin o porvir, nin as potestades,
39
nin a altura nin o abismo, nin calquera outra criatura nos poderá afastar do amor que Deus nos ten en Cristo Xesús, noso Señor.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16