bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 4
Romans 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 5 →
1
—Que diremos, entón, que conseguiu Abraham, o proxenitor da nosa estirpe?
2
Porque, se Abraham foi xustificado polas obras, ten razón de se gabar. Si, pero non diante de Deus.
3
Porque que di a Escritura?: Fiouse Abraham en Deus e iso valeulle a xustificación.
4
O traballador non se lle conta o xornal coma regalo, senón coma algo debido.
5
En troques, ó que non traballa, pero que se fía daquel que xustifica ó impío, a súa fe válelle para xustificación.
6
Xa David declara ditoso o home a quen Deus lle concede a xustiza sen as obras:
7
Benia aqueles a quen se lles perdoaron as súas iniquidades, ós que lles enterraron os seus pecados.
8
Benia o home a quen o Señor non lle ten en conta o pecado.
9
Ora, esta benaventuranza tócalles só ós circuncisos ou tócalles tamén ós incircuncisos? Pois dicimos: A Abraham a fe valeu a xustificación.
10
Pero como lle valeu? Estando na circuncisión ou na incircuncisión? Non na circuncisión, senón na incircuncisión.
11
E recibiu o sinal da circuncisión como marca da xustificación que recibira pola fe, estando aínda na incircuncisión. Desa maneira chegou a ser pai de todos os crentes incircuncisos, para que se lles conte coma xustificación;
12
e pai tamén daqueles circuncisos que non só están circuncidados, senón que ademais seguen as pegadas da fe que o noso pai Abraham tivo antes de se circuncidar.
13
Pois a promesa a Abraham ou á súa liñaxe, de que el herdaría o mundo, non se lle fixo pola Lei, senón pola xustificación da fe.
14
Xa que se fosen herdeiros pola Lei, a fe quedaría baleira e a promesa non se cumpriría:
15
porque a Lei o que fai é traer o ira, dado que onde non hai Lei, tampouco hai infracción.
16
Por iso a promesa depende da fe, para que sexa por graza, e así se manteña firme para toda a liñaxe: non só para o que nace na Lei, senón tamén para o que nace pola fe de Abraham,
17
conforme está escrito: púxente como pai de moitas nacións, el é pai de todos nós ante o Deus en quen el creu, o que fai vivir os mortos e que chama á existencia mesmo ás cousas que non existen.
18
Contra toda esperanza el creu na esperanza e así chegou a ser pai de moitas nacións, como se lle dixera: así será a túa liñaxe.
19
E non abalou na fe, aínda que ben vía que o seu corpo xa estaba morto tiña ó pé de cen anos e que morto estaba tamén o seo de Sara.
20
Ante a promesa de Deus non dubidou por incredulidade, senón que se fortaleceu na fe, dando gloria a Deus,
21
plenamente seguro de quen é poderoso para cumprir o que promete.
22
Por iso valeulle a xustificación.
23
Estas palabras non se escribiron soamente por el,
24
senón tamén por nós. Pois tamén nos vai "valer" a nós que cremos naquel que resucitou dos mortos a Xesús, noso Señor,
25
que foi entregado por culpa dos nosos pecados e foi resucitado por mor da nosa xustificación.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16