bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 16
Romans 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
1
Recoméndovos a Febe, nosa irmá, que é diaconisa da Igrexa de Céncreas.
2
Acollédea coma cristiáns dun xeito digno dos crentes e axudádea en todo canto lle cumpra, pois tamén ela axudou a moitos, empezando por min.
3
Dádelles saúdos a Prisca e Aquila, os meus colaboradores na obra de Cristo Xesús.
4
Todos eles estaban dispostos a pó—lo pescozo pola miña vida e a todos lles estou moi agradecido, non só eu, senón todas as igrexas dos xentís.
5
Saúdos á igrexa que se xunta na casa del. Saúdos a Epéneto, o meu amigo, que é a primicia da Igrexa de Asia para Cristo.
6
Saúdos para María, que tanto se molestou por vós.
7
Saúdos para Andrónico e Xunias, os meus parentes e compañeiros de cárcere. Eles son insignes entre os apóstolos, e creron en Cristo antes ca min.
8
Saúdos para Ampliato, o meu querido no Señor.
9
Saúdos para Urbano, colaborador meu na obra de Cristo e para o meu querido Eustaquio.
10
Saúdos para Apeles, xenuíno discípulo en Cristo. Saúdos para todos os da casa de Aristóbulo.
11
Dádelle saúdos ó meu parente Herodión. Saúdos para os de Narciso, que se conservan fieis ó Señor.
12
Saúdos a Trifene e Trifosa, que traballan polo Señor. Saúdos á querida Pérside, que tanto traballou polo Señor.
13
Saúdos a Rufo, escolleito do Señor, e á súa nai, que tamén é miña.
14
Saúdos para Asíncrito, para Flegonte, para Hermes, para Patrobas, para Hermas e ós irmáns que viven con eles.
15
Saúdos tamén a Filólogo, a Xulia, Nereo e á súa irmá, e a Olimpio e a todos os santos que están con eles.
16
Saudádevos uns a outros co ósculo litúrxico. Mándanvos saúdos todas as igrexas de Cristo.
17
Rógovos, irmáns, que vos gardedes dos que son causa de divisións e de escándalo en contra da doutrina que aprendestes, e arredade deles.
18
Todos eses non serven a Cristo noso Señor, senón ó seu propio ventre, e con palabras amorosas e adozadas extravían os corazóns dos inocentes.
19
A sona da vosa fe chegou a todas partes. Alégrome ben por vós. Pero quero que sexades listos para o ben e inocentes para o mal.
20
O Deus da paz esmagará a Satán ben axiña debaixo dos vosos pés. A graza do noso Señor Xesús vos acompañe.
21
Mándanvos saúdos Timoteo, o meu axudante, e Lucio e Iasón e Sosípatro, os meus parentes.
22
Saúdovos no Señor, eu, Tercio, que pasei a limpo esta carta.
23
Mándavos saúdos Gaio, pousadeiro meu e de toda a igrexa.
24
Saúdavos Erasto, o tesoureiro da cidade e mais o noso irmán Cuarto.
25
A aquel que é potente para vos afianzar no meu Evanxeo e no anuncio de Xesús Cristo, conforme a revelación do misterio escondido durante tempos eternos,
26
pero manifestado agora polas Escrituras proféticas, e por disposición do Deus eterno dado a coñecer a todas as nacións para as levar á obediencia da fe,
27
A Deus, o único sabio, por medio de Xesús Cristo, sexa a gloria para sempre. Amén.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16