bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 11
Romans 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 12 →
1
Pero entón pregunto: e non será que Deus rexeitou ó seu pobo? De ningunha maneira. Pois tamén eu son israelita, da proxenie de Abraham, pola tribo de Benxamín:
2
non rexeitou Deus ó seu pobo, o pobo que El escolleu. Ou é que non sabedes o que di a Escritura na historia de Elías? Como interpela a Deus en contra de Israel:
3
Señor, mataron ós teus profetas, desfixeron os teus altares; quedei eu soamente, e aínda buscan a miña vida.
4
Pero que lle responde a voz divina?: Reservei para min sete mil homes, que non dobraron o xeonllo perante Baal.
5
Da mesma maneira, tamén neste intre de agora, reservou un resto elixido por pura graza.
6
Ora, se foi por graza, non foi polas obras; outramente a graza xa non sería graza.
7
Entón que? Que Israel non logrou o que andaba a buscar, mentres que o lograron os elixidos. Os demais endurecéronse,
8
como está escrito: Deulles Deus un espírito aparvado, ollos para non veren e oídos para non oíren, ata o día de hoxe.
9
E David di: Tróquese a súa mesa en gaiola e mais en rede, en tropezo e mais en castigo para eles.
10
Entebrezan os seus ollos para non veren. Dóbrelles o lombo para sempre.
11
Sigo preguntando: E eles tropezaron para non se ergueren máis? De ningunha maneira. O contrario, pola súa caída veulles a salvación ós xentís, a fin de espertar neles os celos.
12
Ora, se a súa caída foi riqueza do mundo e a súa perda foi riqueza dos xentís, que non será a súa plenitude?
13
Isto dígovolo a vós, os xentís. E, coma apóstolo que son dos xentís, fago gala deste ministerio,
14
por ver se esperto celos nos da miña xente e podo así salvar a algúns deles.
15
Se a súa reprobación foi reconciliación do mundo, que será a súa acollida, senón unha auténtica vida, que xorde de entre os mortos?
16
Se as primicias son santas, tamén o será a masa restante; e se a raíz é santa, tamén o serán as pólas.
17
Esgallaron algunhas das pólas e a ti (que es unha oliveira brava) enxertáronte nelas e fixécheste participante da raíz e do zume da oliveira.
18
Non te gabes de ser máis cás pólas. Se te pos por máis, pensa que non es ti quen leva á raíz, senón a raíz a ti.
19
Poida que digas: esgallaron as pólas precisamente para me enxertaren a min.
20
De acordo: esgalláronas pola incredulidade e ti, en troques, pola fe manteste en pé. Pero non te enchas de fachenda e anda con moito ollo.
21
Que se Deus non perdoou as pólas naturais, vaite perdoar a ti?
22
Considera a bondade e a severidade de Deus: para os que caeron, severidade; en troques, para ti a bondade de Deus, con tal de que permanezas nesa bondade; do contrario, tamén a ti te esgallará.
23
E o mesmo eles; se non se afincan na incredulidade, reenxertarvos, porque Deus é poderoso para os volver enxertar.
24
Pois se a ti te tallaron da túa nativa oliveira brava e contra a natureza prendiches nunha boa oliveira, canto mellor agromarán eles na oliveira da súa mesma caste!
25
Non quero, irmáns, que descoñezades este misterio, a fin de que non vos fiedes da vosa sabedoría: que a cegueira dunha parte dos israelitas vai durar ata que entre a totalidade dos xentís
26
E así salvarase a totalidade de Israel, como está escrito: Sairá de Sión o Salvador, afastará de Xacob a impiedade,
27
e este será o meu pacto con eles, cando lles arrinque os seus pecados.
28
Tocante ó Evanxeo, son inimigos en proveito voso; pero tocante á elección, son amados por causa dos patriarcas.
29
Pois os dons e a chamada de Deus son irrevogables.
30
Porque vós fostes noutrora desobedientes a Deus, pero agora conseguistes a misericordia por desobediencia deles.
31
Do mesmo xeito: tamén eles agora non creron, para que, con ocasión da misericordia usada convosco, tamén eles logren misericordia.
32
Por—que Deus encerrou a todos os homes na desobediencia, para se compadecer de todos.
33
Que fondos son a riqueza, a sabedoría e o coñecemento de Deus! Que inescrutables son os seus xuízos e inexplorables os seus camiños!
34
Pois quen coñeceu a mente do Señor? Ou quen foi o seu conselleiro?
35
Quen lle emprestou algo, para que El llo teña que devolver?
36
Del saíron, por El e para El existen todas as cousas. A El a gloria polos séculos. Amén.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16