bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 3
Romans 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 4 →
1
—Cal é, logo, a vantaxe do xudeu? Para que vale a circuncisión?
2
Moita, en todos os sentidos. En primeiro lugar porque se lle confiaron as palabras de Deus.
3
Que importa que algúns non cresen? Ou é que a incredulidade deles vai anular a fidelidade de Deus?
4
De ningunha maneira. Quede ben claro que Deus é veraz, e que todo home é mentireiro, como está escrito: Os teus argumentos amosarán a túa inocencia e no xuízo sairás vencedor.
5
Pero se a nosa inxustiza fai salientar a xustiza de Deus, que diremos? Falando ó xeito humano: non será inxusto Deus, descargando a súa ira?
6
De ningunha maneira. Se así fose, como vai xulgar Deus ó mundo?
7
Xa, pero se, por contraste coa nosa mentira, a verdade de Deus queda destacada para a gloria súa, por que por riba se me condena como pecador?
8
E por que non dicir xa (como algúns con calumnia din que dicimos nós): "Fagamos o mal para que resulte o ben?". Esa xente merece a condenación.
9
En resumidas contas, temos algunha vantaxe? En definitiva, ningunha, pois acabamos de deixar convictos tanto ós xudeus coma ós gregos, de estaren todos baixo o pecado.
10
Como está escrito: Non hai nin sequera un xusto,
11
non hai nin un ben asisado, nin un que busque a Deus.
12
Todos se extraviaron, xuntamente se perderon; non hai quen faga o ben, non hai nin un.
13
Sartego aberto é a súa gorxa, coas súas linguas tecen dolos, veleno de víbora hai nos seus beizos.
14
A súa boca está chea de maldición e amargura.
15
Lixeiros son os seus pés para verter sangue,
16
sufrimento e miseria deixan nos seus camiños,
17
non atoparon camiño de paz.
18
O temor de Deus non existe para eles.
19
Ora, sabemos que canto se di na Lei se refire ós que están baixo a Lei: para que toda boca quede pechada, e todo o mundo quede convicto ante Deus.
20
Porque ninguén se poderá xustificar ante El polas obras da Lei, xa que a Lei só serve para dar conciencia do pecado.
21
Mais agora, con total independencia da Lei, manifestouse a xustiza de Deus; a que atestaran a Lei e mais os Profetas.
22
Esta é a xustiza de Deus por medio da fe en Xesús Cristo, para todos os que cren. Porque non hai distinción ningunha:
23
todos pecaron, e carecen da gloria de Deus.
24
Pero todos quedan xustificados, sen o mereceren, pola súa graza, mediante a redención que se realizou en Cristo Xesús.
25
Pois Deus púxoo a El coma propiciatorio no que, pola fe, se expían os pecados mediante o seu sangue. Así mostra que era xusto cando deixaba sen castigo os pecados cometidos antes,
26
no tempo da paciencia de Deus, ó demostrar agora a súa xustiza no tempo presente; de xeito que se vexa que El é xusto e que xustifica a quen ten fe en Xesús.
27
Onde está, logo, o orgullo? Quedou eliminado. Por que Lei? Pola das obras? Non; pola lei da fe.
28
Pois afirmamos que o home é xustificado pola fe, con independencia das obras da Lei.
29
Ou é que Deus é Deus dos xudeus soamente? Non o é tamén dos xentís? Certo, tamén dos xentís.
30
Porque hai un só Deus, que xustificará a ambos: ós circuncisos pola fe, e ós incircuncisos tamén pola fe.
31
Logo coa fe derrogamos a Lei? De ningunha maneira, máis ben a confirmamos.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16