bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 6
Romans 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 7 →
1
Que diremos logo? Manterémonos no pecado, para que abunde a graza?
2
De ningunha maneira. Os que xa morremos ó pecado, como imos vivir aínda nel?
3
Ou ignorades que a cantos nos bautizaron para Cristo Xesús, bautizáronos para unirnos á morte del?
4
Enterrámonos, logo, con el polo bautismo para a morte, para que, como Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida nova.
5
Pois se fomos enxertados nel pola semellanza dunha morte coma a del, seguro que tamén o seremos por unha resurrección semellante.
6
Tendo en conta isto, o noso home vello foi crucificado, para que fose destruído o corpo pecador, a fin de non servirmos máis ó pecado.
7
Porque o que morre queda liberado do pecado.
8
Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El;
9
e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada contra El.
10
Porque o seu morrer foi un morrer ó pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir para Deus.
11
Así tamén, vós considerádevos mortos ó pecado, pero vivos para Deus en Cristo Xesús.
12
Que non domine o pecado o voso corpo mortal, para obedecerdes as súas cobizas.
13
Nin ofrezades os vosos membros coma armas da inxustiza ó servizo do pecado. Máis ben poñédevos á disposición de Deus, coma mortos que volvestes á vida. E ofrecede os vosos membros coma armas da xustiza ó servizo de Deus.
14
Porque o pecado non vos dominará, que non estades xa debaixo da Lei, senón debaixo da graza.
15
E logo, que? Ímonos pór a pecar, porque xa non estamos baixo a Lei, senón baixo a graza? De ningunha maneira.
16
Ben sabedes que se vos ofrecedes a alguén coma escravos para o obedecer, sodes escravos dese a quen obedecedes: se ó pecado, para acabar na morte; se á obediencia, para acadar a xustificación.
17
Pero, grazas a Deus, vós, aínda que erades escravos do pecado, obedecestes de corazón a doutrina fundamental á que vos entregaron;
18
e, liberados do pecado, fixéstesvos escravos da xustiza
19
(falo á maneira humana por mor da vosa natural limitación). Así que, do mesmo xeito que antes puxestes os vosos membros ó servizo da inmoralidade e da desorde para caerdes na anarquía moral, así agora poñede os vosos membros ó servizo da xustiza para chegardes á santidade.
20
Cando erades escravos do pecado, estabades ceibos fronte á xustiza.
21
Que froito sacastes entón daquilo do que agora vos avergonzades? Porque a fin diso é a morte.
22
Agora, en troques, liberados do pecado e feitos escravos de Deus, tedes coma froito a santidade e coma fin a vida eterna.
23
Pois o xornal do pecado é a morte, pero o regalo de Deus é a vida eterna en Cristo Xesús noso Señor.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16