bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 15
Romans 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 16 →
1
Nós, os que estamos seguros, temos que aturar as feblezas dos inseguros, e non compracernos a nós mesmos.
2
Cada un de nós compraza ó seu próximo para o ben, con miras á edificación.
3
Pois tampouco Cristo non se compraceu a si mesmo; ó contrario, como está escrito: as aldraxes dos que te aldraxaban a ti caeron enriba de min.
4
Ora, todo canto antigamente se escribiu, escribiuse para a nosa instrución: para que entre a nosa paciencia e o consolo que dan as Escrituras, manteñamos a esperanza.
5
Que o Deus da paciencia e do consolo vos faga ter un mesmo sentir entre vós, conforme o exemplo de Cristo Xesús.
6
Para que cun só corazón e unha soa boca loedes a Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo.
7
Por iso, acollédevos uns a outros, como tamén Cristo vos acolleu, para gloria de Deus.
8
Pois dígovos que Cristo se fixo servidor dos xudeus en razón da fidelidade de Deus, para lles mostrar a firmeza das promesas feitas ós patriarcas;
9
e tamén para que os xentís, pola súa parte, glorifiquen a Deus en razón da súa misericordia. Tal como está escrito: Por iso loareite por medio das nacións e cantarei himnos ó teu nome.
10
E de novo di: Alegrádevos, nacións, xuntamente co seu pobo.
11
E noutro lugar: Loade o Señor todas as nacións, e celébreno todos os pobos.
12
E tamén di Isaías: Abrollará a raíz de Iexé, e xurdirá o que vai dominar as nacións, e nel poñerán a esperanza os xentís.
13
Que o Deus da esperanza vos encha de alegría e de paz na vosa fe, para que rebordedes na esperanza pola forza do Espírito Santo.
14
Eu sei moi ben, meus irmáns, que tamén vós estades cheos de bondade, ateigados de toda sabedoría, e capacitados para vos aconsellar uns a outros.
15
Con todo, escribinvos cun chisco de atrevemento para avivar as vosas lembranzas. Fíxeno en virtude da graza que me deu Deus,
16
para ser eu ministro de Cristo Xesús en favor dos xentís, exercendo de sacerdote en servizo do Evanxeo de Deus, a fin de que a ofrenda dos xentís sexa agradable, xa que a santificou o Espírito Santo.
17
Por tanto, no tocante ó servizo de Deus, os meus motivos de orgullo están en Cristo Xesús.
18
Pois non me atrevería a falar de nada, fóra do que Cristo, para conseguir a obediencia dos xentís, fixo por min de palabra e de obra,
19
A forza de milagres e prodixios e polo poder do Espírito. De maneira que desde Xerusalén e arredores ata o Ilírico, completei a predicación do Evanxeo de Cristo.
20
De tal xeito que tiven a honra de evanxelizar onde nunca se falou de Cristo, para non edificar enriba de alicerces alleos;
21
senón como está escrito; Verano aqueles ós que aínda non se lles falara del, e comprenderán aqueles que nunca oíran.
22
Foi isto mesmo o que decote me impedira ir onda vós.
23
Mais agora, ó non me quedar xa lugar nestas rexións e, como hai moitos anos que estou con ganas de ir ata onda vós,
24
cando vaia a Hispania espérovos ver de paso e que vós me facilitedes a viaxe; aínda que primeiro quero gozar un pouco convosco.
25
Arestora vou ir a Xerusalén para facer un servizo ós irmáns,
26
pois Macedonia e Acaia quixeron facer unha colecta a prol dos pobres que hai entre os crentes de Xerusalén.
27
Así o quixeron, e con razón, posto que están en débeda con eles. Porque, se os xentís tiveron parte nos seus bens espirituais, deben tamén á súa vez partillar con eles os materiais.
28
Rematado este asunto e entregada oficialmente esa colecta, viaxarei para Hispania, pasando por aí.
29
Sei que indo por onda vós irei coa plena bendición de Cristo.
30
E agora pídovos, irmáns, polo noso Señor Xesús Cristo e polo amor que inspira o Espírito, que loitedes comigo, dirixindo as vosas oracións a Deus por min;
31
para que me vexa ceibo dos incrédulos de Xudea e que os irmáns acollan ben este meu servizo en Xerusalén.
32
Desa maneira poderei ir ledo onda vós e, se Deus quere, repousarei convosco.
33
Que o Deus da paz vos acompañe a todos. Amén.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16