bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Romans 5
Romans 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 6 →
1
Xustificados, logo, pola fe, estamos en paz con Deus, por medio do noso Señor Xesús Cristo.
2
Por El temos tamén entrada a esta graza na que nos mantemos; e estamos orgullosos coa esperanza de lograr a gloria de Deus.
3
E non só isto, senón que estamos orgullosos nas tribulacións, sabendo que a tribulación xera a paciencia,
4
A paciencia proba a fidelidade e a fidelidade produce a esperanza.
5
E a esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o Espírito Santo, que se nos deu.
6
De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo morreu polos impíos.
7
Non é fácil, en verdade, que alguén queira morrer por un home xusto (aínda que por un home bo, quizais se atreva alguén a morrer);
8
pero Deus demostrounos o seu amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu por nós.
9
Con máis razón logo, agora que xa estamos xustificados polo seu sangue, seremos por El salvos da ira.
10
Porque, se cando eramos aínda inimigos, fomos reconciliados con Deus mediante a morte do seu Fillo, moito máis, xa reconciliados seremos salvos pola súa vida.
11
Aínda máis: mesmo orgullosos estamos en Deus por medio do noso Señor Xesús Cristo, por quen agora recibimos a reconciliación.
12
Isto enténdese cun exemplo: o pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo pecado entrou a morte, a morte pasou a todos os homes e, en consecuencia, todos quedaron incursos no pecado.
13
Porque, de feito, antes da Lei había pecado no mundo; aínda que o pecado non se ten en conta cando non hai Lei;
14
A pesar diso, a morte dominou desde Adam ata Moisés, mesmo sobre aqueles que non pecaron cunha transgresión semellante á de Adam. E Adam é unha figura arquetípica daquel que está para vir.
15
Pero de ningún modo hai comparanza entre o delito e o don. Porque, se polo delito dun morreron todos os demais, moito máis polo favor dun home, Xesús Cristo, a graza e o don de Deus rebordaron sobre todos.
16
Nin pasou co don o mesmo que coas consecuencias do pecado dun único home: porque o xuízo, partindo dunha soa transgresión, rematou en condena; en troques, o don, partindo de tantos delitos, rematou en absolución.
17
Se, logo, pola transgresión dun home reinou a morte, e por culpa dun só, canto máis os que recibiron a abundancia da graza e do don da benevolencia reinarán na vida por medio dese un que é Xesús Cristo!
18
Por tanto, como pola transgresión dun só veu a condenación sobre todos os homes, así tamén pola xustificación doutro só vén para todos os homes a xustificación que dá a vida.
19
Como a desobediencia dun único home volveu pecadores a todos os homes, así tamén a obediencia dun só volveu xustos a todos.
20
Porque a Lei entrou para que a transgresión abundase; pero onde abundou o pecado, sobreabundou a graza,
21
para que, como reinou o pecado traendo a morte, así tamén a graza reinaría pola xustiza, que produce a vida eterna, por medio de Xesús Cristo noso Señor.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16