bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 10
2 Samuel 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 11 →
1
Despois diso morreu o rei dos amonitas e sucedeulle no trono o seu fillo Hanún.
2
David pensou entón: —"Voulle mostrar á Hanún, fillo de Nahax, a bondade que o seu pai mostrou comigo". E mandou David algúns serventes, que lle desen o pésame pola perda do seu pai. Cando os serventes de David chegaron á terra dos amonitas,
3
os príncipes de Amón dixéronlle ó seu amo Hanún: —"Pensas que o rei David che mandou consoladores, para que vexas que quere honrar a memoria do teu pai? Non che mandaría, máis ben, os seus serventes para exploraren e para saberen da cidade e destruíla?"
4
Hanún colleu entón ós mensaxeiros de David, afeitoulles a metade da barba, cortoulles as vestiduras ata as nádegas e despois despediunos.
5
Comunicáronllo á David, que enviou xente ó seu encontro, porque aqueles homes volvían avergonzados. O rei mandou que lles dixesen: —"Quedade en Xericó e, cando vos medre a barba, volveredes".
6
Cando viron os amonitas que se fixeran aborrecibles para David, decidiron adquirir soldados a soldo: vinte mil soldados de a pé, dos arameos de Bet Rehob e dos arameos de Sobah, vinte mil homes do rei de Macah e doce mil homes de Tob.
7
Sóuboo David e mandou alá a Ioab co exército dos seus valentes.
8
Os amonitas saíron e formaron para o combate á entrada da cidade, mentres os arameos de Sobah e de Rehob e a xente de Tob e de Macah quedaba á parte no campo.
9
Decatouse Ioab de que tiña unha fronte de combate por diante e outra por detrás e entón colleu o mellor do exército de Israel e púxoo en liña de ataque, fronte ós arameos;
10
e dispuxo o resto do exército para facer fronte ós amonitas, ás ordes do seu irmán Abixai,
11
A quen advertiu: —"Se os arameos prevalecen contra min, ti virás axudarme; e se os amonitas prevalecen contra ti, irei eu axudarche.
12
Se valente e esforcémonos polo noso pobo e polas cidades do noso Deus. E que sexa o que o Señor queira".
13
Ioab entrou co seu exército en combate contra os arameos, que fuxiron diante del.
14
Cando viron os amonitas que os arameos fuxían, fuxiron eles tamén de Abixai e metéronse na cidade. Ioab deu entón a volta da expedición contra os amonitas e regresou a Xerusalén.
15
Cando os arameos se viron derrotados, reuníronse todos en contra de Israel.
16
Hadadézer mandou saír os arameos da outra banda do río e chegaron a Helam, ó mando de Xobac, xeneral de Hadadézer.
17
Dixéronllo a David, que, ó momento, reuniu os israelitas, atravesou o Xordán e chegou a Helam. Os arameos dispuxéronse para encontrarse con David e abriron o combate contra el.
18
Aram fuxiu diante de Israel e David matoulle setecentos cabalos de carros e corenta mil xinetes; e feriu a Xobac, xeneral do exército, que morreu alí mesmo.
19
Cando viron os reis vasalos de Hadadézer que este fora vencido polos israelitas, fixeron a paz con Israel e sometéronselle. Desde esa os arameos non se atreveron a seguir axudando ós amonitas.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24