bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 16
2 Samuel 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 17 →
1
Acabara David de pasar o cume da montaña, cando se atoparon con Sibá, criado de Mefibóxet, que viña con dous burros aparellados, cargados con douscentos pans, cen acios de uvas pasas, cen tortas de figos e un pelexo de viño.
2
O rei preguntoulle a Sibá: —"A que vés con esas cousas?" E Sibá respondeulle: —"Os burros son para que monte a familia do rei, os pans e os figos son para que coman os criados, e o viño é para que beban os que desfalezan no deserto".
3
O rei preguntoulle: —"Onde está o fillo do teu amo?" Sibá respondeulle: —"Quedou en Xerusalén, pensando: hoxe a casa de Israel devolverame o reino de meu pai".
4
O rei díxolle a Sibá: —"Todo o que tiña Mefibóxet é para ti". E Sibá respondeulle: —"Pós—trome diante de ti. Oxalá, rei, meu señor, atope eu graza ós teus ollos".
5
Chegado o rei David a Bahurim, saía de alí un da familia de Xaúl chamado Ximí, fillo de Guerá. Saía maldicindo
6
e tiráballes pedras a David e ós serventes do rei, mentres a xente toda e os valentes ían á súa dereita e á súa esquerda.
7
Nas súas maldicións dicía Ximí: —"Vaite, vaite, home sanguinolento e perverso.
8
O Señor fai caer enriba de ti o sangue da familia de Xaúl, a quen roubaches o trono; o Señor pon o reino nas mans de teu fillo Abxalom. Aí estás, caído na túa maldade, porque ti es un home sanguinolento".
9
Abixai, fillo de Seruiah, díxolle ó rei: —"Por que permites que ese can morto maldiga ó rei, meu señor? Déixame que lle corte a cabeza".
10
Pero o rei díxolle: —"Que teño eu que ver convosco, fillos de Seruiah? Déixao que maldiga. Se o Señor lle dixo que maldiga a David, quen pode pedirlle contas de que o faga?"
11
David seguiulle dicindo a Abixai e a todos os seus serventes: —"Se o meu propio fillo, saído das miñas entrañas, quere quitarme a vida, canto máis un benxaminita. Deixádeo que me maldiga; mandoullo, de certo, o Señor.
12
Quizais repare o Señor na miña aflición, e polas maldicións de hoxe me compense con bens".
13
David seguiu o camiño cos seus homes, mentres Ximí os seguía de cerca, pola ladeira da montaña, andando e maldicindo, guindándolle pedras e levantando unha poeira.
14
David e a súa xente chegaron cansos onda a auga e alí descansaron.
15
O tempo Abxalom e os seus israelitas chegaban a Xerusalén. Ahitófel acompañábao.
16
Entón Huxai, o arquita, amigo de David, presentouse a Abxalom e aclamouno: —"Viva o rei, viva o rei!"
17
Abxalom preguntoulle: —"É esa a lealdade que ti gardas ó teu amigo? Por que non fuches con el?"
18
Huxai respondeulle a Abxalom: —"Non. Eu estarei con quen elixiu o Señor e todo este pobo de Israel e con ese quedarei.
19
Polo demais, a quen veño servir, senón ó seu mesmo fillo? O mesmo que servín a teu pai, así estou agora contigo".
20
Abxalom díxolle a Ahitófel: —"Celebrade consello sobre o que habemos facer".
21
Ahitófel respondeulle: —"Achégate as concubinas que teu pai deixou gardando o seu pazo. Dese xeito saberá todo Israel que te fixeches aborrecible para teu pai e sentiranse máis fortes os que te seguen".
22
Levantáron—lle unha tenda na terraza e Abxalom achegouse ás concubinas de seu pai, ás vistas de todo Israel.
23
Daquela o consello de Ahitófel tiña a mesma autoridade cá consulta de Deus, e como tal era valorado, o mesmo por David coma por Abxalom.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24