bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 21
2 Samuel 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 22 →
1
No tempo de David houbo unha fame de tres anos seguidos. David consultou o Señor e o Señor respondeulle: —"Enriba de Xaúl e da súa familia está o sangue dos gabaonitas que mataron".
2
O rei convocou entón os gabaonitas e faloulles. Os gabaonitas non eran israelitas, senón un resto dos amorreos. Os israelitas fixeran pacto con eles, pero Xaúl quixera exterminalos no seu celo por Israel e por Xudá.
3
David díxolles ós gabaonitas: —"Que podo facer por vós e con que podo reparar, para que bendigades a herdade do Señor?"
4
Os gabaonitas respondéronlle: —"Non queremos prata nin ouro de Xaúl nin da súa familia nin queremos que ninguén morra en Israel". E o rei díxolles: —"Farei por vós o que me pidades".
5
Os gabaonitas dixéronlle ó rei: —"Un home quixo exterminarnos, acabar connosco e facernos desaparecer da terra de Israel.
6
Que nos entreguen sete dos seus fillos para colgalos diante do Señor, en Gabaón, na montaña do Señor". David respondeulle: —"Daréivolos eu".
7
O rei perdooulle a vida a Mefibóxet, fillo de Ionatán, fillo de Xaúl, por mor do pacto que se xuraran David e Ionatán, fillo de Xaúl.
8
Pero o rei colleu a Armoní e a Mefibóxet, os dous fillos que Rispah, filla de Aiah, lle dera a Xaúl, e os cinco fillos que Merab, filla de Xaúl, lle parira a Adriel, fillo de Barzilai, o meholatita,
9
e entregóullelos ós gabaonitas, que os penduraron no monte diante do Señor. Caeron os sete ó mesmo tempo, axustizados nos primeiros días da seitura, ó comezo da sega do orxo.
10
Rispah, filla de Aiah, colleu un saco, estendeuno por riba da rocha e estivo alí desde o comezo da seitura ata que caeron as chuvias nos cadáveres, para impedir que se acercasen a eles de día os paxaros do ceo e de noite as feras do campo.
11
Cando lle contaron a David o que fixera Rispah, filla de Aiah, concubina de Xaúl,
12
mandou el coller os ósos de Xaúl e os do seu fillo Ionatán de onda os veciños de Iabex de Galaad, que os levaran da praza de Bet—Xeán. Alí penduráranos os filisteos o día en que estes derrotaran a Xaúl en Guilboa.
13
O rei fixo vir de alí os ósos de Xaúl e os do seu fillo Ionatán e xuntáronos cos ósos dos axustizados.
14
Enterraron os ósos de Xaúl e os do seu fillo Ionatán en terras de Benxamín, en Selá, no sepulcro de Quix, pai de Xaúl. Fixeron todo o que o rei mandou e despois diso compadeceuse Deus da terra.
15
Despois volveu haber guerra entre os filisteos e Israel. David baixou cos seus servidores e loitou contra os filisteos. David quedou canso diso
16
e asentáronse en Gob. Un home dos refaítas, cunha lanza de bronce de trescentos siclos de peso e cunha espada nova, dicía que ía matar a David.
17
Pero Abixai, fillo de Seruiah, defendeu a David. Feriu ó filisteo e matouno. Entón conxuráronse os homes de David e dixéronlle: —"Ti non sairás máis connosco ó combate e que non se apague o facho de Israel".
18
Despois houbo outro combate en Gob cos filisteos. Nel Sibcai de Huxah matou a Saf, un refaíta.
19
Noutro combate en Gob cos filisteos, Elhanán, fillo de Iair o betlemita, matou a Goliat de Gat. Este levaba unha lanza coma un rolo de tecelán.
20
Noutra batalla en Gat presentouse un home de gran talla, con seis dedos en cada man e seis en cada pé, vintecatro en total, tamén el era dos refaítas.
21
Desafiou a Israel, pero matouno Ionatán, fillo de Ximá, irmán de David.
22
Eses catro homes da raza dos refaítas eran de Gat e caeron a mans de David e dos seus homes.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24