bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 5
2 Samuel 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 6 →
1
Todas as tribos de Israel foron a Hebrón, xunto a David, para dicirlle: —"Aquí nos tes. Nós somos do teu mesmo sangue.
2
Xa de antes, cando Xaúl reinaba sobre nós, eras ti quen conducía a Israel e o Señor tíñache dito: ti pastarás o meu pobo Israel, ti serás o seu xefe".
3
Os anciáns de Israel presentáronse, pois, onda o rei en Hebrón. O rei David fixo un pacto alí con eles, diante do Señor, e eles unxiron a David por rei de Israel.
4
David tiña trinta anos cando empezou a reinar e reinou corenta anos.
5
En Hebrón reinou sobre Xudá sete anos e medio; en Xerusalén reinou trinta e tres anos, sobre Israel e Xudá.
6
O rei marchou cos seus homes sobre Xerusalén contra os habitantes daquel país, os iebuseos. Eles tíñanlle dito a David: —"Non poderás entrar aquí; rexeitarante os cegos e os coxos". Con iso querían dicir: "David non poderá entrar aquí".
7
Pero David conquistou a fortaleza de Sión, que se converteu na cidade de David.
8
Aquel día David dixera: —"Quen queira combater os iebuseos, que se achegue polo túnel. A eses coxos e a eses cegos aborréceos David". De aí saíu aquel dito: nin cego nin coxo entre no templo.
9
David instalouse na fortaleza e chamoulle cidade de David. David edificou ó redor dela desde o Miló para dentro.
10
David medraba cada vez máis. O Señor, Deus dos exércitos, estaba con el.
11
Hiram, rei de Tiro, mandoulle unha embaixada a David, con madeiras de cedro e con carpinteiros e canteiros, para que construísen o pazo de David.
12
David comprendeu que o Señor o confirmaba por rei de Israel e que por mor do seu pobo Israel engrandecía o reino.
13
Despois de que veu de Hebrón, David tomou en Xerusalén outras concubinas e outras mulleres. Delas nacéronlle a David máis fillos e máis fillas.
14
Os nomes dos fillos que tivo en Xerusalén son Xamá, Xobab, Natán e Salomón,
15
Ibhar, Elixúa, Nafeg e Iafía,
16
Elixamá, Eliadá e Elifélet.
17
Souberon os filisteos que David fora unxido rei de Israel e, ó momento, subiron en busca del. David, ó ter a noticia, baixou á súa fortaleza.
18
Os filisteos viñeron e espalláronse polo val de Refaím.
19
David consultou o Señor: —"Subirei contra os filisteos? Poralos nas miñas mans?" O Señor respondeulle: —"Sube. Entregareinos, seguro, nas túas mans".
20
David foise a Baal Perasim e alí venceunos, e comentou: —"O Señor abriu unha fenda nos meus inimigos diante miña, coma a fenda que abren as augas". Por iso chamóuselle a aquel lugar Baal Perasim.
21
Os filisteos abandonaron alí os seus ídolos e colléronos David e os seus homes.
22
Os filisteos volveron á contenda, despregándose polo val de Refaím.
23
David consultou o Señor, que lle respondeu: —"Non subas. Dá a volta por detrás deles e atácaos do lado das moreiras.
24
Cando sintas ruído de pasos nas copas das moreiras, ataca con decisión, pois é que sae o Señor diante de ti, para derrotar o exército filisteo".
25
David fixo como lle mandaba o Señor, e derrotou os filisteos desde Gueba ata a entrada de Guézer.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24