bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 11
2 Samuel 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 12 →
1
A volta dun ano, na época en que os reis saen á guerra, mandou David a Ioab, cos seus oficiais e co exército israelita, desbaratar o país dos amonitas e poñerlle cerco a Rabah. Mentres tanto David quedou en Xerusalén.
2
Unha tarde, ó erguerse do leito, púxose David a pasear pola terraza do pazo, e viu desde alí unha muller que se estaba bañando, unha muller, por certo, moi fermosa.
3
David mandou preguntar por ela e dixéronlle: esa muller é Batxeba, filla de Eliam, muller de Urías, o hitita.
4
David ordenou que lla trouxesen. Entrou a muller onda el e David deitouse con ela, cando ela se acababa de purificar das súas regras. Despois ela volveu para a súa casa.
5
A muller quedou embarazada e mandoulle a dicir a David: estou embarazada.
6
Entón mandoulle David este recado a Ioab: "Mándame a Urías, o hitita". E el mandoullo.
7
Cando Urías chegou, David preguntoulle pola saúde de Ioab, polo exército e pola marcha da guerra.
8
Despois David díxolle a Urías: —"Baixa á túa casa e dáte un baño". Urías saíu do pazo real e detrás del saíu o agasallo do rei.
9
Pero Urías deitouse á entrada do pazo, cos serventes do rei, e non baixou a súa casa.
10
Dixéronlle a David: —"Urías non baixou á súa casa". David díxolle entón: —"Acabas de vir de viaxe. Por que non vas á túa casa?"
11
Urías respondeulle a David: —"A arca, Israel e Xudá viven en tendas, o meu xefe Ioab e os seus oficiais acampan ó raso, e ía entrar eu na miña casa, comer e beber e deitarme coa miña muller? Por ti e pola túa vida, que non farei semellante cousa".
12
David díxolle a Urías: —"Queda aínda hoxe e mañá despedireite". E Urías quedou aquel día en Xerusalén. O día seguinte,
13
David convidouno a comer con el e deulle de beber para emborrachalo. A noite saíu e deitouse onda a garda do seu señor, mais non baixou á súa casa.
14
A mañá escribiulle David unha carta a Ioab e mandoulla en man por Urías.
15
Na carta escribía: —"Poñede a Urías na dianteira, onde máis duro sexa o combate, arredádevos del, e que o firan e morra".
16
Ioab, que estaba cercando a cidade, puxo a Urías no sitio onde sabía que estaban os homes máis valentes.
17
Saíron os defensores da cidade, combateron contra Ioab e caeron algúns dos soldados de David. Tamén morreu Urías, o hitita.
18
Ioab mandou que informasen a David da sorte do combate.
19
E díxolle ó mensaxeiro: —"Cando acabes de darlle ó rei o parte do combate,
20
se el se alporiza e che di: Por que vos acercastes tanto para atacar a cidade? Non sabiades que dispararían desde o alto da muralla?
21
Quen matou a Abimélec, fillo de Ierubaal? Unha muller que botou unha pedra de moer desde o alto do muro, morrendo el en Tebés. Por que vos aproximastes á muralla? Ti diraslle entón: morreu tamén o teu servo Urías, o hitita".
22
Marchou o mensaxeiro, chegou xunto a David e comunicoulle a mensaxe de Ioab.
23
O mensaxeiro dixo: —"Os inimigos saíron cara a nós ó escampado; eles estábannos vencendo, mais nós botámonos sobre eles cara á porta da entrada.
24
Entón tiraron os arqueiros desde a muralla contra os teus servos e mataron a algúns dos soldados do rei. Morreu tamén o teu servo Urías, o hitita".
25
David díxolle ó mensaxeiro: —"Dille isto a Ioab: non te aflixas polo que pasou. A espada devora ora para aquí ora para alí. Ti reforza o ataque contra a cidade para arrasala. E ti fai por encoraxalo".
26
Cando soubo a muller de Urías que morrera o seu home, fixo loito por el.
27
Pasado o tempo do loito, David mandou que viñese á súa casa e tomouna por muller. Ela deulle un fillo. Pero a acción de David non compraceu ó Señor.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24