bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 19
2 Samuel 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 20 →
1
O rei conturbouse, subiu ó mirador de por riba da porta e botouse a chorar. Mentres subía, ía dicindo: —"Ai, meu fillo; meu fillo, Abxalom; meu fillo Abxalom! Quen me dera poder morrer eu no teu lugar, Abxalom, meu fillo, meu filliño!"
2
Informaron a Ioab: —"O rei está chorando, facendo dó por Abxalom".
3
A vitoria daquel día converteuse en loito para o exército, pois este soamente oía dicir: o rei está aflixido polo seu fillo.
4
O exército entrou aquel día ás escondidas na cidade, como entraría avergonzado un exército que fuxise do combate.
5
O rei cubría a cara e choraba a berros: —"Meu fillo, Abxalom; meu fillo, Abxalom; meu filliño!"
6
Ioab chegouse ó pazo e díxolle ó rei: —"Hoxe cubriches de vergonza a cara dos teus servidores, que salvaron a túa vida, a dos teus fillos e fillas, a das túas mulleres e a das túas concubinas.
7
Ti queres ós que te aborrecen e aborreces ós que te queren. Hoxe deches a entender que nada se che dá nin por xefes nin por soldados. Hoxe comprendín que, se vivise Abxalom, mesmo se estivésemos mortos todos nós, estarías ti contento.
8
Agora érguete e vai falarlles ó corazón ós teus serventes, pois xúroche polo Señor que, se non vas, esta noite non quedará ninguén contigo; e este será para ti máis grande mal ca todos os que padeciches desde a mocidade ata hoxe".
9
O rei foi e sentou onda a porta. E toda a súa xente veuse presentar diante del. Os israelitas fuxiron para cadansúa tenda.
10
E por todas as tribos de Israel a xente discutía e dicían: —"O rei librounos da man dos nosos inimigos, salvounos da man dos filisteos. E agora tivo que fuxir do país por culpa de Abxalom.
11
Pero Abxalom, a quen nós unximos por rei, morreu no combate. Así que, por que estades aí calados e non facedes que volva o rei?"
12
As palabras que se dicían por todo Israel chegaron á casa do rei. E o rei David mandou os sacerdotes Sadoc e Abiatar: —"Faládelles ós anciáns de Xudá e dicídelles: Por que habedes de ser os derradeiros en facer que o rei volva ó seu pazo?
13
Vos sodes os meus irmáns; sodes comigo óso e carne. Por que habedes de ser os derradeiros en facer que o rei volva?"
14
E a Amasá díxolle: —"Non es ti comigo óso e carne? Que Deus me castigue, se non te fago xefe do exército por vida no posto de Ioab".
15
David gañou o corazón de todos os homes de Xudá coma o dun só home; e mandáronlle dicir: —"Volve, ti e os teus servidores".
16
O rei emprendeu o regreso e chegou onda o Xordán. Os de Xudá chegaron a Guilgal, para saírlle ó encontro ó rei e acompañalo no paso do Xordán.
17
Ximí, fillo de Guerá, benxaminita de Bahurim, apurouse para baixar cos homes de Xudá ó encontro de David,
18
levando consigo mil homes da tribo de Benxamín. Pola súa parte, Sibá, criado da familia de Xaúl, levando consigo os seus quince fillos e vinte dos seus criados, chegou ó Xordán antes có rei,
19
e atravesou o vao, para axudar a pasar á familia do rei e para pórse á súa disposición.
20
Ximí, fillo de Guerá, prostrouse diante do rei cando este pasaba o Xordán e díxolle: —"Non teñas, señor, en conta o meu delito; non recordes aquel mal feito do teu servo, o día en que o rei, meu señor, saía de Xerusalén; non mo teñas gardado.
21
O teu servo confesa que pecou. Pero hoxe son o primeiro de toda a familia de Xosé en virlle saír ó rei, meu señor".
22
Abixai, fillo de Seruiah, tomou a palabra para dicir: —"Vaise agora librar Ximí da morte, despois de que maldiciu ó unxido do Señor?"
23
Mais David dixo: —"Que teño que ver eu convosco, fillos de Seruiah, para que hoxe fagades de tentadores? Ten que morrer alguén hoxe en Israel, cando eu volvo a ser rei de Israel?"
24
E o rei dixolle a Ximí: —"Non morrerás". E o rei xuroullo.
25
Tamén Mefibóxet, fillo de Xaúl, baixou ó encontro do rei. Non lavara os pés, nin afeitara a barba, nin mudara a roupa, desde o día da marcha do rei ata a súa volta con ben.
26
Chegado desde Xerusalén onda o rei, o rei preguntoulle: —"Por que non fuches comigo, Mefibóxet?"
27
El respondeulle: —"Rei, meu señor, o meu criado traizooume, pois o teu servo decidira: farei que me aparellen o burro, montarei nel e irei co rei, porque o teu servo está coxo.
28
O meu criado calumnioume diante do rei, meu señor. Pero o rei, meu señor, é coma o anxo de Deus. Fai, logo o que che pareza.
29
Todos os da familia de meu pai eran reos de morte ante o rei, meu señor. Pero ti puxeches a este teu servo entre os que comen á túa mesa. Xa que logo, que dereito me queda por reclamar diante do rei?"
30
O rei díxolle: —"Por que segues falando sen parar? Xa o dixen: —Ti e Sibá repartirédesvos as terras".
31
Mefibóxet respondeulle ó rei: —"Pode quedar el con todo, xa que o rei, meu señor, volveu san e salvo á súa casa".
32
Tamén Barzilai o galaadita baixou desde Roguelim para acompañar ó rei no paso do Xordán.
33
Barzilai era xa vello, tiña oitenta anos. El mantivera ó rei, no tempo que estivo en Mahanaim, pois era home de boa posición.
34
O rei díxolle a Barzilai: —"Ti véste agora comigo; eu mantereite en Xerusalén".
35
Barzilai díxolle ó rei: —"Cantos anos me quedan de vida para subir agora co rei a Xerusalén?
36
Xa cumprín os oitenta anos. Podo discernir aínda entre o ben e o mal? Pode o teu servo gozar do que come e do que bebe? Podo escoitar a voz dos cantores e das cantoras? Por que ha ser o teu servo unha carga para o rei, meu señor?
37
O teu servo acompañou ó rei unha miga alén do Xordán. Por que ía agora darme unha recompensa tan grande?
38
Deixa que o teu servo volva, para morrer na súa cidade, cerca do sepulcro de seu pai e de súa nai. Aí tes o teu servo Quimham. Que vaia el co rei, meu señor; e ti trátao como che pareza".
39
O rei respondeulle: —"Que veña, logo, Quimham. Tratareino como ti queiras. E calquera cousa que me pidas, eu fareina por ti".
40
A xente de David pasou toda o Xordán. Tamén o pasou o rei. Alí abrazou a Barzilai e bendiciuno e Barzilai volveuse para a súa casa.
41
O rei seguiu para Guilgal e con el ía Quimham. Acompañaba ó rei todo o pobo de Xudá e a metade do pobo de Israel.
42
Os homes de Israel fóronlle dicir ó rei: —"Por que te reteñen para si nosos irmáns, os homes de Xudá, e son eles os que axudaron o rei, á súa familia e á toda a súa xente a pasar o Xordán?"
43
Os homes de Xudá respondéronlles ós de Israel: —"Porque o rei é parente noso. Por que vos parece mal? Vivimos á conta do rei ou tiramos proveito del?"
44
Os homes de Israel respondéronlles ós de Xudá: —"Nós temos dez partes do rei e somos para el máis ca vós. Por que, logo, nos despreza? Non fomos nós os primeiros en facer volver ó noso rei?" Pero a resposta dos homes de Xudá foi máis áspera aínda cá dos homes de Israel.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24