bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 24
2 Samuel 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
1
O Señor anoxouse outra vez con Israel e encirrou a David para o seu castigo, dicíndolle: —"Anda, fai un censo de Israel e de Xudá".
2
O rei mandoulle a Ioab, xefe do exército que ía con el: —"Percorre todas as tribos de Israel, desde Dan a Beerxeba, e fai o censo da poboación, para saber canta xente teño".
3
Ioab respondeulle ó rei: —"Multiplique o Señor, o teu Deus, por cen a túa xente e que os ollos do rei, meu señor, o poidan ver. Pero para que quere o rei, meu señor, facer ese censo?"
4
A palabra do rei prevaleceu sobre o parecer de Ioab e dos xenerais do exército e estes saíron de onda o rei para facer o censo da poboación de Israel.
5
Atravesaron o Xordán e comezaron por Aroer, ó sur da cidade que está no medio da valgada, e dirixíronse a Gad e a Iazer.
6
Chegaron a Galaad e ó país dos hititas en Cadex. Logo foron a Dan e de alí deron a volta cara a Sidón.
7
Entraron despois na praza forte de Tiro e nas cidades dos hivitas e dos cananeos, e, por fin, baixaron ó sur de Xudá e a Beerxeba.
8
Percorreron todo o país e, ó cabo de nove meses e vinte días, volveron a Xerusalén.
9
Ioab entregoulle ó rei o resultado do censo. En Israel había oitocentos mil homes para cinguir a espada; en Xudá había cincocentos mil.
10
A David batíaselle o corazón porque fixera o censo do pobo e díxolle ó Señor: —"Cometín un grave pecado co que fixen. Agora perdoa a iniquidade do teu servo, pois fixen unha loucura".
11
Cando David se ergueu pola mañá, o profeta Gad, vidente de David, tivera palabra do Señor:
12
—"Vai e dille que así fala o Señor: propóñoche tres cousas: elixe unha delas, que a vou realizar".
13
Gad presentouse onda David e anuncioulle: —"Prefires que veñan sobre o país sete anos de fame, ou ter que saír fuxindo por tres meses perseguido polos teus inimigos, ou que haxa tres días de peste na túa terra? Pensa e mira o que lle debo responder ó que me envía".
14
David díxolle a Gad: —"Véxome nun gran apuro. Pero prefiro caer nas mans do Señor, que é grande e misericordioso, e non caer nas mans dos homes".
15
Entón mandou o Señor unha peste sobre Israel desde aquela mañá ata o prazo fixado. Desde Dan a Beerxeba morreron setenta mil homes do pobo.
16
Cando o anxo alongaba a man cara a Xerusalén, para destruíla, arrepentiuse o Señor do castigo e díxolle ó anxo exterminador: —"Abonda xa! Detén a túa man!" O anxo do Señor atopábase entón onda a eira de Araunah o iebuseo.
17
Vendo David como o anxo mataba a xente do pobo, díxolle ó Señor: —"Mira que son eu o que pecou; eu teño a culpa. Pero este rabaño que culpa ten? Descarga a túa man sobre min e sobre a miña familia".
18
Aquel mesmo día Gad foi onda David e díxolle: —"Vai e edifícalle ó Señor un altar na eira de Araunah o iebuseo".
19
David fixo o que Gad lle dicía seguindo as ordes do Señor.
20
Cando viu Araunah que o rei e os seus serventes camiñaban cara a el, saíu e saudounos, prostrándose polo chan.
21
Araunah dixo: —"Como o rei, meu señor, vén onda o seu servo?" E David respondeulle: —"Veño mercarche a eira para edificar nela un altar ó Señor, para que a praga se afaste do pobo".
22
Araunah díxolle a David: —"Tómaa, rei, meu señor, e ofrece nela o que queiras. Velaí os bois para o holocausto, e os trillos e xugos para leña".
23
Araunah dáballe ó rei iso todo, agoirándolle: "Que o Señor, o teu Deus, che sexa propicio".
24
Pero o rei díxolle a Araunah: "Non; mercareicho, pagándoche o seu prezo, pois non quero ofrecerlle ó Señor, o meu Deus, holocaustos que nada me custaron". E David mercoulle a eira e mais os bois por cincuenta siclos de prata.
25
David edificoulle alí un altar ó Señor e ofreceu holocaustos e sacrificios pacíficos. O Señor compadeceuse do país e a praga afastouse de Israel.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24