bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 4
2 Samuel 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 5 →
1
Cando Ixbóxet, fillo de Xaúl, soubo que morrera Abner en Hebrón, acovardouse e todo Israel quedou estarrecido.
2
O fillo de Xaúl tiña dous xefes de guerrilleiros, un chamado Banah e o outro Recab, fillos de Rimón de Beerot, benxaminitas, xa que Beerot se lle atribuía a Benxamín.
3
Os de Beerot marcharan a Guitaim, onde residen hoxe.
4
Ionatán, fillo de Xaúl, tiña un fillo, tolleito dos pés. Cando chegara de Iezrael a nova da morte de Xaúl e de Ionatán, o neno tiña cinco anos. A súa criada saíu fuxindo e, coas présas, caeulle o neno e quedou coxo. Chamábase Meribaal.
5
Os fillos de Rimón de Beerot, Recab e Banah, ían de camiño e chegaron á casa de Ixbóxet, nas horas da calor, cando el estaba deitado durmindo a sesta.
6
A porteira da casa estaba limpando o gran e quedara durmida.
7
Eles entraron na casa, ata a alcoba onde Ixbóxet estaba deitado e ferírono de morte. Cortáronlle a cabeza e levárona consigo, camiñando polo ermo toda aquela noite.
8
Chegaron coa cabeza de Ixbóxet a Hebrón, xunto a David, e dixéronlle ó rei: —"Aquí tes a cabeza de Ixbóxet, fillo de Xaúl, o teu inimigo, que quixo quitarche a vida. Hoxe concédelle o Señor ó rei, noso señor, a vinganza de Xaúl e da súa descendencia".
9
Pero David respondeulle a Recab e ó seu irmán Banah, fillos de Rimón de Beerot, dicindo: —"Pola vida do Señor, que me librou de todos os apuros!
10
Se a quen me trouxo a noticia de que morrera Xaúl, crendo que me daba boas novas, o collín e o fixen matar en Siquelag, en recompensa pola súa nova,
11
canto máis agora, que uns homes malvados mataron un home xusto, na súa casa, no seu leito, pedireivos contas do sangue que vertestes, desarraigándovos da terra".
12
E David mandoulles ós seus homes que os matasen. Despois de facelo, cortáronlles as mans e os pés e penduráronos xunto a represa de Hebrón. A cabeza de Ixbóxet collérona e enterrárona en Hebrón no sartego de Abner.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24