bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 12
2 Samuel 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 13 →
1
O Señor mandou a Natán onda a David. O profeta entrou xunto ó rei e díxolle: —"Nunha cidade había dous homes, un rico e o outro pobre.
2
O rico tiña grandes rabaños de ovellas e de bois.
3
O pobre non tiña nada fóra dunha ovella que mercara. El criouna e ela ía crecendo, canda el e canda os seus fillos. Coidábaa coma a unha filla.
4
Chegou un viaxeiro onda o rico, quen sentindo botar man dunha peza da súa facenda para convidar ó viaxeiro que chegara xunto del, colleulle a ovella ó home pobre e guisoulla ó viaxeiro".
5
David enfadouse moito con aquel home e díxolle a Natán: —"Pola vida do Señor, quen fixo iso merece a morte.
6
Pagará catro veces a ovella, por ese comportamento sen piedade".
7
Entón Natán díxolle a David: —"Ti es ese home. E isto di o Señor, Deus de Israel: Eu unxinte por rei de Israel e libreite das mans de Xaúl.
8
Entregueiche a casa do teu señor e puxen as súas mulleres nos teus brazos. Fíxente dono de Israel e de Xudá e, por se fose pouco, deiche aínda outras cousas.
9
Por que, logo, desprezas a palabra do Señor, facendo o que el reproba? Mataches coa espada a Urías, o hitita, para casares coa súa muller. Matáchelo coa espada dos amonitas.
10
Agora a espada non se afastará da túa casa. Visto que ti me desprezaches, tomando para ti a muller de Urías, o hitita,
11
isto di o Señor: Vou facer xurdir contra ti a desgraza dentro da túa propia casa. Quitareiche as mulleres e dareillas a outro diante dos teus ollos, el deitarase con elas, á luz deste sol que nos aluma.
12
O que fixeches ti ás escondidas, fareino eu á luz do sol e á vista de todo Israel".
13
David díxolle a Natán: —"Pequei contra o Señor!" E Natán díxolle: —"O Señor perdoa o teu pecado e non morrerás.
14
Pero, por desprezares o Señor co que fixeches, o neno que che naceu ten que morrer".
15
Despois Natán marchou para a súa casa. E o Señor feriu ó neno que a muller de Urías lle parira a David; púxose moi malo.
16
David pediulle a Deus polo neno, fixo un longo xaxún e pasaba as noites tirado polo chan.
17
Os anciáns da súa casa trataron de levantalo, pero el negouse e non quixo comer con eles.
18
Os sete días morreu o neno. Os serventes tiñan medo de dicirlle a David que o neno morrera, pois pensaban: —"Se, cando o neno vivía, lle falabamos e el non nos facía caso, como lle imos dicir agora que o neno morreu? Faría unha loucura".
19
David decatouse de que os serventes andaban falando polo baixo e comprendeu que o neno morrera. E preguntoulles ós serventes: —"Morreu o neno?" E eles dixéronlle: —"Morreu".
20
David entón ergueuse do chan, lavouse, perfumouse e mudouse, e logo foise prostrar á casa do Señor. Despois volveu para o seu pazo, pediu de comer, servírono e comeu.
21
Os seus serventes preguntáronlle: —"Que quere dicir iso que fas? Cando o neno vivía, xaxuabas e chorabas, e agora que o neno morreu, érgueste e comes".
22
El respondeulles: —"Mentres o neno vivía, xaxuaba e choraba, pensando: quen sabe se o Señor me quererá facer a graza de que viva!
23
Pero agora que xa morreu, de que serve o xaxún? Podería volvelo á vida? Son eu quen vai cara a el e non el cara a min".
24
David consolou a Batxeba, súa muller, entrou onda ela e durmiu con ela. Ela pariulle un fillo, a quen lle puxo por nome Salomón. O Señor amouno
25
e mandou polo profeta Natán que lle chamasen Iedidías en homenaxe ó Señor.
26
Nese tempo Ioab seguira co cerco de Rabah dos amonitas ata acabar conquistando a cidade real.
27
Entón mandou mensaxeiros a David para dicirlle: —"Ataquei Rabah e recuperei a cidade das augas.
28
Agora reúne o resto do exército, acampa ó redor da cidade e apodérate ti dela, non sexa que, se o fago eu, chamen logo á cidade co meu nome".
29
David reuniu o resto do exército e foi a Rabah, que atacou e que conquistou.
30
Quitou da cabeza a Milcom unha coroa que pesaba un talento de ouro e que tiña pedras preciosas; e púxoa na súa cabeza. O botín que colleu na cidade foi moi grande.
31
Sacou da cidade os seus habitantes e púxoos a traballar coa serra e con machetas, con picos de ferro e en fornos de ladrillos. Con todas as cidades amonitas fixo o mesmo. Despois David volveu con todo o exército para Xerusalén.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24