bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 14
2 Samuel 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 15 →
1
Decatouse Ioab, fillo de Seruiah, de que o corazón do rei estaba con Abxalom
2
e mandou a Tecóah que trouxesen de alí unha muller arteira, á que lle dixo: —"Finxe que estás co dó, viste roupas de loito, non te unxas con óleo e fai coma se foses unha muller que leva loito hai tempo por un morto.
3
Presentaraste diante do rei e diraslle isto e isto". E Ioab púxolle na boca o que había dicir.
4
A muller de Tecóah presentouse ó rei, prostrouse por terra diante del e exclamou: —"Sálvame, rei!"
5
O rei preguntoulle: —"Que che pasa?" E ela díxolle: —"Eu son unha viúva; o meu home morreu.
6
A túa serva tiña dous fillos, que pelexaron no campo, sen ninguén que os separase, e un deles feriu ó outro e matouno.
7
Agora érguese toda a familia en contra da túa serva e dinme: entréganos o fratricida para matalo, para vingar a morte do irmán. Acabaremos tamén co herdeiro. Dese xeito apagarán a brasa que me queda, e ó meu home non lle deixarán nin nome nin resto sobre a terra".
8
O rei díxolle a muller: —"Vaite á túa casa, que eu disporei sobre este asunto".
9
Entón a muller de Tecóah díxolle ó rei: —"Rei, meu señor, que a culpa caia sobre min e sobre a miña familia, pero que queden limpos dela o rei e o seu trono".
10
O rei dixo: —"Se alguén se mete contigo, tráeo onda min e non volverá molestarte".
11
Ela repuxo: —"Que o rei pronuncie o nome do Señor, o seu Deus, para que o vingador do sangue non veña causar máis dano, exterminando o meu fillo". E o rei xurou: —"Pola vida do Señor, que non caerá por terra un cabelo de teu fillo".
12
A muller dixo entón: —"Permite que a túa serva lle diga aínda ó rei, meu señor, unha palabra".
13
El dixo: —"Fala". E ela dixo: —"Por que matinas desa maneira contra o pobo de Deus? Polo que acaba o rei de dicir resulta culpable, pois non deixa que volva o seu propio desterrado.
14
Todos habemos morrer. E como a auga derramada por terra non se pode recoller, dese mesmo xeito Deus non levanta un cadáver. Faga, logo, o rei o proxecto de que o proscrito non siga lonxe del.
15
Se eu vin aquí para dicirlle isto ó rei, meu señor, foi porque o pobo me deu medo. A túa serva pensou: voulle falar disto ó rei; poida que el faga caso da súa serva.
16
Seguramente o rei escoitará e librará á súa serva das mans dos que queren exterminarnos, ó mesmo tempo, a min e ó meu fillo da herdade de Deus.
17
A túa serva pensou: a resposta do rei, meu señor, traerame conforto, pois o rei, meu señor, é coma o anxo de Deus, para distinguir entre o ben e o mal. Que o Señor, o teu Deus, sexa contigo".
18
O rei entón díxolle á muller: —"Non me ocultes cousa ningunha do que che vou preguntar". E a muller respondeulle: —"Fale o rei, meu señor".
19
E o rei dixo: —"Non anda a man de Ioab contigo en todo isto?" A muller respondeu: —"Pola túa vida, rei, meu señor, que o que dixeches non marra nin á dereita nin á esquerda. O teu servo Ioab foi o que puxo estas palabras na boca da túa serva.
20
O teu servo Ioab fixo isto para disfrazar todo o asunto. Pero o rei, meu señor, é tan sabio coma o anxo de Deus para coñecer todo o que acontece sobre a terra".
21
O rei díxolle a Ioab: —"Vou dar o consentimento a esa proposta. Vai e trae de volta ó xove Abxalom".
22
Ioab postrouse por terra, saudando, e deulle as gracias ó rei. Dixo Ioab: —"Agora, rei, meu señor, sei que conto co teu favor pois o rei cumpre os desexos do seu servo".
23
Ioab ergueuse e foi a Guexur e trouxo a Abxalom a Xerusalén.
24
O rei dispuxo: —"Que se retire á súa casa e que non veña verme". E Abxalom retirouse á súa casa sen presentarse diante do rei.
25
En todo Israel non había un home tan fermoso coma Abxalom nin tan gabado por todos. Desde os pés á cabeza non tiña un só defecto.
26
Cando rapaba o cabelo —cousa que facía de ano en ano pois pesáballe moito—, o peso dos seus cabelos era de douscentos siclos segundo a pesa real.
27
A Abxalom nacéranlle tres fillos e unha filla, que se chamaba Tamar, unha rapaza moi fermosa.
28
Abxalom residiu por dous anos en Xerusalén sen poder visitar o rei.
29
Abxalom mandoulle recado a Ioab para envialo onda o rei; pero Ioab non acudiu. Mandoulle un segundo recado, pero Ioab non se presentou.
30
Entón díxolles Abxalom ós seus criados: —"Sabedes do eido que ten Ioab ó pé do meu, sementado de orxo. Ide e póndelle lume". E os criados de Abxalom queimaron o eido de Ioab.
31
Entón foi Ioab onda Abxalom e preguntoulle: —"Por que os teus criados lle puxeron lume ó meu eido?"
32
Abxalom respondeulle: —"Sabes que te mandei chamar e dicirche que viñeses aquí para enviarte onda o rei coa encomenda: Para que vin de Guexur? Mellor sería quedar alí. Agora quero ver o rei. E se houbese en min culpa, que me faga matar".
33
Ioab foi onda o rei para dicirllo. E o rei chamou a Abxalom. Abxalom chegou onda o rei e prostrouse por terra diante del e o rei abrazouno.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24