bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 17
2 Samuel 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 18 →
1
Ahitófel díxolle a Abxalom: —"Vou escoller doce mil homes para saír esta mesma noite en persecución de David.
2
Sorprendereino canso e sen forzas e, co medo que lle meterei, toda a súa xente fuxirá e eu matarei ó rei abandonado.
3
Entón farei volver cara a ti o pobo todo, como a noiva que volve ó seu noivo. Porque ti buscas a morte dun só home e que o pobo quede en paz".
4
A proposta pareceulle ben a Abxalom e a todos os anciáns de Israel.
5
Pero Abxalom dixo: —"Chamade a Huxai, o arquita, e escoitemos tamén o que el propón".
6
Chegou Huxai e díxolle Abxalom: —"Ahitófel propuxo isto. Debémolo facer? E se non, cal é a túa proposta?"
7
Huxai respondeulle a Abxalom: —"Desta vez non é bo o consello de Ahitófel".
8
E engadiu: —"Ti coñeces a teu pai e ós seus homes. Son valentes e están rabiados, coma no monte a osa privada das súas crías. Ademais, o teu pai é home de guerra e non pasará a noite mesturado coa tropa.
9
Arestora estará acochado nunha cova ou en calquera outro lugar. Se de primeiras caen algúns dos teus e se corre o rumor: houbo unha desfeita no exército de Abxalom,
10
entón, mesmo os valentes de corazón coma leóns, derreteranse de medo, pois todo Israel sabe que teu pai é un heroe e que leva consigo homes valentes.
11
O meu consello é este: que todo Israel, desde Dan a Beerxeba, se xunte ó teu arredor, numeroso coma a area das praias, e que ti en persoa vaias con eles.
12
Chegaremos onda teu pai, onda queira que se encontre, botarémonos enriba del, coma a rosada que cae sobre o chan e non lle quedará un só dos seus homes.
13
E se se acocha nunha cidade, acudirá con cordas todo Israel e arrastraremos esa cidade ó regato ata que dela non quede unha pedra".
14
Abxalom e todos os israelitas dixeron: —"A proposta de Huxai, o arquita, é mellor cá de Ahitófel". A cousa é que o Señor determinara facer fracasar o consello de Ahitófel, que era bo, para traer a desgraza a Abxalom.
15
Huxai informou ós sacerdotes Sadoc e Abiatar: —"Ahitófel aconsellou a Abxalom e ós anciáns de Israel isto e isto; pero eu aconselleilles estoutro.
16
Agora mandádelle de contado este recado a David: non quedes esta noite nas chairas do deserto. Pasa para o outro lado, non vaian exterminar o rei con toda a súa xente".
17
Ionatán e Ahimaas estaban agardando en Enróguel. Unha criada debía levarlles o recado e despois eles levaríanllo ó rei David. Eles non podían deixarse ver entrando na cidade.
18
Viunos un rapaz e díxollo a Abxalom. Pero eles saíron correndo e metéronse na casa dun home de Bahurim, que tiña no patio un pozo onde eles se esconderon.
19
A muller colleu unha manta, estendeuna sobre a boca do pozo e botou gran encima de xeito que ninguén notara nada.
20
Chegados os criados de Abxalom á casa, onda a muller, preguntáronlle: —"Onde están Ahimaas e Ionatán?" E ela díxolles: —"Pasaron cara ó río". Eles buscáronos, pero non os atoparon, e volvéronse para Xerusalén.
21
Desque os criados marcharon, os outros saíron do pozo e correron a dicirlle a David: —"Erguédevos e pasade o río axiña, pois Ahitófel propuxo isto en contra vosa".
22
David e a súa xente levantáronse e atravesaron o Xordán. Estiveron pasando ata ó amencer. A esa hora non quedaba xa ninguén sen pasar.
23
Vendo Ahitófel que non seguiran o seu consello, aparellou o burro e colleu e marchou para a casa na súa cidade. Puxo en orde a súa casa e despois aforcouse e morreu. Enterrárono no sartego de seus pais.
24
Namentres David chegaba a Mahanaim, Abxalom atravesaba o Xordán con todos os homes de Israel.
25
Abxalom puxera a Amasá á fronte do exército no lugar de Ioab. Amasá era fillo dun tal Itrá, ismaelita, que o tivera de Abigail, filla de Nahax, irmá de Seruiah e nai de Ioab.
26
Abxalom acampou con Israel en terras de Galaad.
27
Cando David chegou a Mahanaim, Xobí, fillo de Nahax, de Rabah de Amón, Maquir, fillo de Amiel de Lodabar, e Barzilai, o galaadita de Roguelim,
28
viñeron con xergóns, con xerras e con cuncas de barro, con trigo, fariña, orxo e gran torrado, con fabas e lentellas,
29
con mel, manteiga, queixo de ovella e de vaca, e presentáronlles todo a David e á súa xente, que comesen, pois pensaban: esta xente está cansa e chea de fame e de sede do deserto.
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24