bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 8
2 Samuel 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 9 →
1
Despois diso David venceu ós filisteos e someteunos; e arrebatoulles Gat coas súas aldeas.
2
Venceu tamén a Moab e, deitándoos polo chan, mediunos co cordel. Dúas medidas destinábaas á morte e unha deixábaa con vida. Os moabitas quedaron sometidos á David pagándolle tributo.
3
David derrotou tamén a Hadadézer, fillo de Rehob, rei de Sobah, cando ía impor a súa man sobre o Éufrates.
4
David colleulle prisioneiros mil setecentos xinetes e vinte mil soldados de a pé. Cortou os xarretes aos cabalos dos carros, deixándolle soamente cen de todos os que tiña.
5
Os arameos de Damasco acudiron en axuda de Hadadézer, rei de Sobah, e David matoulles vinte e dous mil homes.
6
David instalou postos en Aram de Damasco e os arameos quedáronlle sometidos pagándolle tributo. O Señor concedeulle éxito a David en todo o que emprendeu.
7
Os oficiais de Hadadézer quitoulles David os escudos de ouro e levounos a Xerusalén.
8
En Tabah e Berotai, cidades de Hadadézer, colleu o rei David bronce en moita cantidade.
9
Cando Tohu, rei de Hamat, soubo que David derrotara o exército de Hadadézer,
10
mandou xunto a el ó seu fillo Adoram, para saudalo e felicitalo, por combater e vencer a Hadadézer, pois Tohu estaba tamén en guerra con Hadadézer. Adoram levoulle unha vaixela de ouro, de prata e de bronce, de regalo.
11
O rei David consagroulle iso ó Señor, como consagrara xa a prata e o ouro de todos os pobos que vencera,
12
Arameos e moabitas, amonitas, filisteos e amalecitas, e mais o botín de Hadadézer, fillo de Rehob, rei de Sobah.
13
David adquiriu unha grande sona. A súa volta de Aram derrotou a Edom, no val do Sal, matándolle dezaoito mil homes.
14
Es—tableceu postos en Edom, que estaba todo sometido a David. O Señor concedeulle éxito a David en todo o que emprendeu.
15
David foi rei de todo Israel e gobernou o seu pobo con xustiza e con equidade.
16
Ioab, fillo de Seruiah, era o xefe do exército; Ioxafat, fillo de Ahilud, era o cronista;
17
Sadoc, fillo de Ahitub, e mais Abiatar, fillo de Ahimélec, eran os sacerdotes; Seraías era o secretario
18
e Benaías, fillo de Iehoiadá, o xefe dos quereteos e dos peleteos. Os fillos de David eran sacerdotes.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24