bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 6
2 Samuel 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 7 →
1
David reuniu outra vez o máis escolleito de Israel, trinta mil homes,
2
e con toda esa xente foi a Baalá de Xudá, para traer de alí a arca de Deus, o que leva o nome de Señor dos exércitos, que se senta na arca enriba dos querubíns.
3
Puxeron nun carro novo a arca de Deus e sacárona da casa de Abinadab, que estaba no outeiro. Guiaban o carro Uzá e Ahió, fillos de Abinadab.
4
O sacaren a arca de Deus da casa de Abinadab, no outeiro, Ahió ía diante da arca.
5
Tamén David e todo Israel ían diante do Señor, facendo festa con todas as súas forzas, ó son de harpas e de cítolas, de pandeiros, de sistros e de címbalos.
6
Chegados á aira de Nacón, Uzá botoulle a man á arca de Deus para sostela, pois espantáranse os bois.
7
O Señor anoxouse contra Uzá e feriuno alí mesmo de morte ó pé da arca de Deus.
8
David enrabexouse polo golpe que o Señor dera a Uzá e a aquel lugar quedoulle o nome de Golpe de Uzá ata hoxe.
9
Aquel día David colleulle medo ó Señor e pensou: —"Como vai vir á miña casa a arca do Señor?"
10
E non quixo levar canda el, á cidade de David, a arca do Señor, senón que a fixo trasladar á casa de Obededom de Gat.
11
A arca estivo tres meses na casa de Obededom de Gat e o Señor bendiciu a Obededom e á súa familia.
12
Contáronlle a David: —"O Señor está bendicindo a Obededom e a todo o seu por mor da arca de Deus". Entón fixo David subir en festa a arca do Señor da casa de Obededom á cidade de David.
13
Cada seis pasos que daban os portadores da arca do Señor, sacrificaban un boi e un becerro.
14
David danzaba con todas as forzas diante do Señor, cinguido co efod de liño.
15
Así foi como David e todo Israel levaron a arca do Señor, entre aclamacións e soar de trompetas.
16
Cando a arca do Señor entraba na cidade de David, Micol, filla de Xaúl, axexaba pola fiestra, viu como o rei David ía brincando e danzando diante do Señor e sentiu desprezo por el.
17
Logo puxeron no seu sitio a arca do Señor meténdoa dentro da tenda que David lle preparara. Despois ofreceu David holocaustos e sacrificios de comuñón diante do Señor.
18
En acabando cos sacrificios, David bendiciu ó pobo no nome do Señor dos exércitos.
19
Despois repartiulle a toda a xente, a cada home e muller da xente de Israel, unha bica de pan, unha tallada de carne e unha torta de pasas. A fin marcharon todos, cada un para a súa casa.
20
Cando volvía David para bendicir tamén a súa familia, saíulle ó encontro Micol, filla de Xaúl, e díxolle: —"Como se cubriu de gloria hoxe o rei de Israel, espíndose á vista das criadas e dos seus serventes, como se espiría un calquera!"
21
David respondeulle a Micol: —"Brinquei diante do Señor, que me preferiu ó teu pai e a toda a túa familia e que me elixiu como xefe do pobo do Señor. Farei festa diante do Señor,
22
Anque me rebaixe aínda máis e che pareza desprezable; honraranme esas criadas de que falas".
23
Micol, filla de Xaúl, non tivo máis fillos en toda a súa vida.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24