bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 18
2 Samuel 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 19 →
1
David pasou revista ós seus homes, e púxolles xefes de milleiro e de centuria.
2
Un terzo do exército púxoo ó mando de Ioab, un terzo ó mando de Abixai, fillo de Seruiah, irmán de Ioab, e un terzo ó mando de Itai de Gat. O rei díxolles ós soldados: —"Quero ir eu tamén convosco".
3
Pero eles respondéronlle: —"Ti non veñas. Pois, se tivésemos que fuxir, ninguén se fixaría; e se morrésemos a metade, tampouco tería importancia. Mais ti vales coma dez mil de nós. Mellor que nos socorras desde a cidade".
4
O rei díxolles entón: —"Farei o que vos pareza". E o rei quedou onda a porta, mentres o exército saía por milleiros e por centurias.
5
E mandoulles a Ioab, a Abixai e a Itai: —"Tédeme conta do xove Abxalom". Todo o exército oíu o que o rei mandou ós xefes, tocante a Abxalom.
6
O exército saíu ó campo ó encontro de Israel. O combate librouse nos bosques de Efraím.
7
Alí o exército de Israel foi derrotado polos seguidores de David. A mortaldade foi grande aquel día. Foi de vinte mil homes.
8
O combate estendeuse por toda aquela bisbarra. Aquel día o bosque devorou máis vidas cá espada.
9
Abxalom acertou a pasar á vista dos homes de David. Ia montado no seu macho e ó pasar este debaixo dunha aciñeira enmarañáronselle nas gallas os cabelos da cabeza e quedou pendurado entre o ceo e a terra, mentres o macho seguía para adiante.
10
Un home que o viu, levoulle a noticia a Ioab: —"Acabo de ver a Abxalom pendurado dunha aciñeira".
11
Ioab díxolle ó que lle traía a noticia: —"E logo, se o viches, por que non o botaches por terra alí mesmo? Agora teríache que dar dez siclos de prata e un cinto".
12
Pero o home díxolle a Ioab: —"Nin que estivese xa pesando mil moedas de prata, non erguería eu as miñas mans contra o fillo do rei, pois todos oímos o que o rei vos mandou, a ti, a Abixai e a Itai: tédeme conta do xove Abxalom.
13
Se eu cometese esa traizón pola miña conta, ti poríaste en contra miña, diante do rei, a quen nada se lle esconde".
14
Entón dixo Ioab: —"Non me vou quedar aquí detido diante de ti". E, coa mesma, colleu tres dardos e cravoullos no corazón a Abxalom, que estaba aínda vivo, pendurado da aciñeira.
15
Os dez escudeiros de Ioab acercáronse a Abxalom, golpeárono e rematárono.
16
Ioab mandou que tocasen a trompeta e o exército deixou de perseguir a Israel, porque Ioab o contivo.
17
Logo colleron o corpo de Abxalom, botárono nun foxo do bosque e ergueron por riba del unha morea de pedras. Os israelitas fuxiron todos, cada un para a súa tenda.
18
Abxalom erixírase en vida un monumento no val do rei, pensando: non teño fillo que manteña vivo o meu nome. Gravou na estela o seu nome e aínda hoxe se lle chama monumento de Abxalom.
19
Entón Ahimaas, fillo de Sadoc, pediulle a Ioab: —"Déixame ir de contado xunto ó rei, para levarlle a noticia de que o Señor lle fixo xustiza ante os seus inimigos".
20
Ioab respondeulle: —"Hoxe non levarías boas novas: xa as levarás outro día. Hoxe non levarías boas novas, porque morreu o fillo do rei".
21
E Ioab díxolle a un cuxita: —"Vai e anúncialle ó rei o que viches". O cuxita saudou a Ioab e foi correndo.
22
Ahimaas, fillo de Sadoc, insistiulle a Ioab: —"Pase o que pase, déixame correr a min tamén tras do cuxita". Ioab díxolle: —"Para que queres correr, meu fillo? Esa nova non che sería de proveito".
23
Pero el dixo: —"Pase o que pase, quero correr". E el díxolle: —"Corre". E Ahimaas saíu correndo e, atallando polo medio do val, adiantóuselle ó cuxita.
24
David estaba sentado entre as dúas portas. O vixía subiu á terraza, por riba da porta da muralla, mirou e viu que viña correndo un home só.
25
O vixía berrou e pasoulle a noticia ó rei. O rei comentou: —"Se vén só, é que trae boas noticias". O home seguía acercándose
26
e o vixía viu outro home correndo, e berrou desde enriba da porta: —"Vén outro home correndo só". E o rei comentou: —"Tamén este trae boas noticias".
27
O vixía engadiu: —"Pola maneira de correr, o primeiro corredor peréceseme a Ahimaas, o fillo de Sadoc". E o rei comentou: —"Ese é unha boa persoa. Virá con boas noticias".
28
Entón Ahimaas berroulle ó rei: —"Paz". E saudouno prostrándose polo chan. E dixo: —"Bendito sexa o Señor, teu Deus, que che entregou os homes que ergueron a man contra o rei, meu señor".
29
E o rei preguntoulle: —"Está ben o xove Abxalom?" Ahimaas respondeulle: —"Cando Ioab enviou ó teu servo, vin que había un gran barullo; pero non sei o que pasou".
30
O rei díxolle: —"Arreda e queda aí." E el arredouse e quedou alí.
31
Niso entrou o cuxita e dixo: —"Parabéns, rei, meu señor, porque o Señor deuche hoxe a vitoria sobre todos os que se ergueron contra ti".
32
O rei preguntoulle ó cuxita: —"Está ben o mozo Abxalom?" E o cuxita respondeulle: —"Que ós inimigos do rei e a todos os que se rebelaron contra ti lles pase coma a ese mozo".
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24