bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 15
2 Samuel 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 16 →
1
Despois diso Abxalom fíxose cun carro e cabalos e con cincuenta homes que o escoltaban.
2
Abxalom erguíase cedo e púñase á entrada da cidade. Dirixíase a todos os que ían ó tribunal do rei cun preito e preguntáballes: —"Ti de que cidade es?" E el respondíalle: —"O teu servo é dunha das tribos de Israel".
3
Entón dicíalle Abxalom: —"Mira, a túa causa é boa e xusta, pero de parte do rei non hai quen te atenda".
4
Despois seguía dicindo: —"Quen me dera ser eu o xuíz deste país! A todos os que viñesen onda min con preitos e con causas, faríalles pronto xustiza".
5
E cando alguén se lle acercaba e o saudaba, el tendíalle a man, agarrábao e abrazábao.
6
Dese xeito era como trataba Abxalom ós israelitas que acudían ó tribunal do rei, gañándose, con iso, o corazón de todo Israel.
7
O cabo de catro anos Abxalom díxolle ó rei: —"Déixame chegar a Hebrón para cumprir unha promesa que lle fixen ó Señor.
8
Estando en Guexur de Aram, o teu servo fixo esta promesa: se o Señor me deixa volver a Xerusalén, ofrecereille un sacrificio en Hebrón".
9
O rei díxolle: "Vai en paz". E el colleu e foise a Hebrón.
10
Abxalom mandou mensaxeiros por todas as tribos de Israel con esta consigna: —"Cando oiades o son da trompeta, proclamade: Abxalom reina en Hebrón!"
11
De Xerusalén ían con Abxalom douscentos homes, convidados, pero de boa fe, alleos ó que se tramaba.
12
Mentres el ofrecía o sacrificio, Abxalom mandou buscar a Ahitófel, o guilonita, conselleiro de David, na súa cidade de Guiloh. A conxura collía forza. Cada vez eran máis os que seguían a Abxalom.
13
Chegou onda David un mensaxeiro que lle dixo: —"O corazón dos israelitas vaise con Abxalom".
14
Entón mandoulles David a todos os seus servidores, que estaban con el en Xerusalén: —"Preparádevos e fuxamos; se non, non daremos escapado de Abxalom. Fuxamos de présa, que non se nos adiante. Se nos colle, estamos perdidos. Pasará a cidade polo fío da espada".
15
Os servidores dixéronlle ó rei: —"Os teus servidores están dispostos a facer o que diga o rei".
16
Saíron, logo, a pé o rei e a súa familia, quedando dez concubinas á garda do pazo real.
17
Saíron todos a pé, o rei e toda a súa xente, e paráronse onda unha casa que había nas aforas.
18
Os servidores do rei puxéronse todos do seu lado; pero os quereteos, os peleteos e os gueteos, que viñeran con el de Gat en número de seiscentos, puxéronse diante do rei.
19
O rei preguntoulle a Itai de Gat: —"Por que tes que vir connosco tamén ti? Dá a volta e queda co rei, pois ti es un estranxeiro, desterrado do teu país.
20
Chegaches onte, e voute obrigar xa hoxe a ir connosco, cando eu mesmo vou para onde cadre? Dá a volta e leva contigo os teus irmáns. E que o Señor mostre contigo o seu amor e a súa fidelidade".
21
Pero Itai respondeulle ó rei: —"Pola vida do Señor e pola do meu amo, o rei! Onde queira que estea o rei, meu señor, alí estará o teu servo, o mesmo para a morte que para a vida".
22
Entón David díxolle a Itai: —"Ven, logo, pasa". Itai o gueteo pasou para diante, con todos os seus homes e con toda a súa familia.
23
Toda a xente choraba a berros. O rei pasou o torrente Cedrón e pasaron todos con el, camiño do deserto.
24
Ia tamén Sadoc e con el todos os levitas. Levaban a arca da alianza do Señor e puxérona onda Abiatar, ata que acabou de saír da cidade a xente toda.
25
O rei mandoulle a Sadoc: —"Devolve a arca de Deus para a cidade. Se o Señor me dispensa o seu favor, fará que poida volver e permitirame ver a arca e a súa morada.
26
Pero se El me di que non son do seu agrado, aquí me ten; que faga comigo o que lle pareza".
27
E o rei díxolle ó sacerdote Sadoc: —"Volvede tranquilos para a cidade, ti e o teu fillo Ahimaas, e Abiatar e o seu fillo Ionatán; vós e vosos dous fillos.
28
Vede, eu agardarei nos pasos do deserto, mentres me chega unha palabra vosa que me informe".
29
Sadoc e Abiatar volveron coa arca de Deus para Xerusalén e quedaron alí.
30
David subía chorando pola costa das Oliveiras, coa cabeza cuberta e os pés descalzos. Toda a súa xente cubrira a cabeza e subía tamén chorando.
31
Dixéronlle a David: —"Ahitófel está na conxura de Abxalom". E David pediu: —"Entolece, Señor, o consello de Ahitófel".
32
Cando David chegou ó cume da montaña onde se adoraba a Deus, saíulle ó encontro Huxai, o arquita, coa túnica rachada e coa cabeza cuberta de po.
33
David díxolle: —"Se vés comigo, serás para min unha carga.
34
Pero, se volves á cidade e lle dis a Abxalom: Rei, eu quero ser o teu servo. Primeiro fun servo de teu pai, pero agora quero ser teu, entón farás fracasar no meu proveito o consello de Ahitófel.
35
Alí tes contigo os sacerdotes Sadoc e Abiatar. Todo o que oias no pazo do rei, cóntallelo a Sadoc e a Abiatar.
36
Alí con eles están os seus dous fillos, Ahimaas de Sadoc e Ionatán de Abiatar. Por eles mandarédesme informes de todo o que oiades".
37
Huxai, amigo de David, chegaba á cidade, cando Abxalom facía a súa entrada en Xerusalén.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24