bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Samuel 2
2 Samuel 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 3 →
1
Despois diso, David consultou o Señor: —"Debo subir a algunha das cidades de Xudá?" E o Señor respondeulle: —"Sube". David preguntou: —"A cal delas?" O Señor respondeulle: —"A Hebrón".
2
David subiu alá coas súas dúas mulleres, Ahinoam de Iezrael e Abigail, a que fora muller de Nabal de Carmel.
3
David levou tamén os seus homes, cada un coa súa familia, e establecéronse nos arredores de Hebrón.
4
Viñeron os homes de Xudá e unxiron alí a David por rei da casa de Xudá. David tivo noticia de que os veciños de Iabex de Galaad lle deran terra a Xaúl
5
e mandou mensaxeiros para dicirlles ós de Iabex: —"O Señor volo pague, pois fixestes unha boa obra, ó dardes terra a Xaúl, voso señor.
6
Que agora o Señor vos trate a vós con misericordia e lealdade. Eu tamén vos tratarei ben, por esta boa obra que fixestes.
7
Vós recobrade o valor e sede fortes. Agora que o voso señor Xaúl morreu, a casa de Xudá unxiume a min para que sexa o seu rei".
8
Pero Abner, fillo de Ner, xeneral de Xaúl, colleu a Ixbóxet, fillo de Xaúl, levouno a Mahanaim
9
e proclamouno rei sobre Galaad, sobre Iezrael, sobre Efraím, sobre Benxamín e sobre todo Israel.
10
Ixbóxet, fillo de Xaúl, tiña corenta anos cando empezou a reinar sobre Israel e reinou por dous anos. Soamente a casa de Xudá seguía a David.
11
O reinado de David en Hebrón, sobre a casa de Xudá, foi de sete anos e medio.
12
Abner, fillo de Ner, e os seguidores de Ixbóxet, fillo de Xaúl, saíron de Mahanaim para Gabaón.
13
Da outra parte viña Ioab, fillo de Seruiah, cos seguidores de David. Encontráronse todos onda o estanque de Gabaón, apostándose uns dun lado da represa e os outros do outro.
14
Abner propúxolle a Ioab: —"Que saian uns poucos mozos e que loiten ás nosas vistas". Ioab respondeulle: —"Que saian".
15
Por Ixbóxet, fillo de Xaúl, presentáronse doce benxaminitas, e por David, doce dos seus seguidores.
16
Cada un agarrou pola cabeza o seu contrario e cravoulle a espada nas costelas; e caeron todos a unha. A aquel lugar, que está onda Gabaón, chamóuselle campo do Costelar.
17
O combate foi rexo aquel día. Abner e os homes de Israel foron vencidos polos seguidores de David.
18
Estaban alí os tres fillos de Seruiah, Ioab, Abixai e Asael. Asael tiña os pés lixeiros, coma unha gacela,
19
e correu perseguindo a Abner, sen apartarse de detrás del, nin á dereita nin á esquerda.
20
Abner volveuse e preguntoulle: —"Es ti, Asael?" E el respondeulle: —"Son eu".
21
Abner díxolle: —"Torce á dereita ou á esquerda, agarra un deses homes e quítalle as armas". Pero Asael non quixo afastarse del.
22
Abner díxolle outra vez: —"Arreda de tras de min. Por que me obrigas a botarte á terra? Como me presentaría eu despois diante de Ioab, o teu irmán?"
23
El non quixo arredarse e Abner feriuno coa lanza para atrás, dereito cara á illarga, e saíulle polo outro lado. Asael caeu morto alí mesmo. Os que chegaban ó lugar onde Asael caera morto, todos se detiñan.
24
Ioab e Abixai saíron perseguindo a Abner. A posta do sol chegaron ó outeiro de Amá, enfronte de Guíah no camiño do ermo de Gabaón.
25
Os benxaminitas xuntáronse facendo unha tropa con Abner e detivéronse no cume dun outeiro.
26
Abner berroulle a Ioab: —"Seica non se fartará a espada de sangue? Non sabes que o final será amargo? Canto tardarás en dicirlle á túa xente que deixe de perseguir os seus irmáns?"
27
Ioab respondeulle: —"Vive Deus que se non falases, o pobo non deixaría de perseguir os seus irmáns ata mañá".
28
Ioab tocou a trompeta e todos se detiveron. Deixaron de perseguir a Israel e non seguiron combatendo.
29
Abner e os seus homes camiñaron toda aquela noite polo ermo, pasaron o Xordán e, percorrendo todo Bitrón, chegaron a Mahanaim.
30
Ioab deixou tamén de perseguir a Abner e reuniu a súa xente. Dos seguidores de David faltaban dezanove homes amais de Asael.
31
Pero os seguidores de David mataran trescentos sesenta benxaminitas dos homes de Abner.
32
O cadáver de Asael levárono consigo e enterrárono en Belén no sartego da súa familia. Ioab e os seus homes camiñaron a noite toda e amenceulles en Hebrón.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24