bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 1
John 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 2 →
1
No principio existía a Palabra, e a Palabra estaba onda Deus, e a Palabra era Deus.
2
Ela estaba no principio onda Deus.
3
Todo foi feito por ela, e sen ela non se fixo nada do que foi feito.
4
Nela estaba a vida, e a vida era a luz dos homes;
5
A luz aluma na tebra, e a tebra non a deu apagado.
6
Houbo un home mandado por Deus: o seu nome era Xoán.
7
Este veu de testemuña para dar testemuño da luz, para que todos cresen por el.
8
Non era el a luz, senón que veu para dar testemuño da luz.
9
(A Palabra) era a verdadeira luz que aluma a todo home que vén a este mundo.
10
Ela estaba no mundo, e o mundo foi feito por ela, pero o mundo non a recoñeceu.
11
Veu á súa propiedade, e os seus non a acolleron.
12
Pero a cantos a recibiron, —ós que cren no seu nome— déulle-lo poder de seren fillos de Deus.
13
Estes, non naceron do sangue, nin da vontade da carne, senón de Deus.
14
E a Palabra fíxose carne, e plantou entre nós a súa tenda, e nós vimos a súa gloria, gloria coma de Unixénito que vén do Pai, cheo de graza e de verdade.
15
Xoán dá testemuño del, exclamando: Este évos de quen eu dixen: "O que vén detrás miña, pasa diante miña, pois existía primeiro ca min".
16
E da súa abundancia recibimos todos nós graza e máis graza.
17
Pois a Lei deuse por medio de Moisés; a graza e a verdade realizáronse por Xesús Cristo.
18
A Deus ninguén o viu; o Unixénito, que está no seo do Pai, foi quen nolo revelou.
19
E este é o testemuño de Xoán cando os xudeus lle mandaron de Xerusalén sacerdotes e levitas onda el, para lle preguntar: Ti quen es?
20
El declarou e non negou. Declarou: Eu non son o Cristo.
21
Preguntáronlle: Entón quen es ti? Es Elías? Contestou: Non son. E-lo profeta? Respondeu: Non.
22
Daquela dixéronlle: E, logo, quen es? Para que lles poidamos dar unha resposta ós que nos mandaron. Que dis de ti mesmo?
23
El dicía: Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" (como escribira o profeta Isaías).
24
Algúns dos mandados eran fariseos
25
e preguntáronlle: Entón por que bautizas, se non es ti o Cristo nin Elías nin o profeta?
26
Xoán respondeulles: Eu bautizo con auga; mais entre vós está quen vós non coñecedes;
27
o que vén detrás miña e eu non son merecente de lle desatar o amalló da sandalia.
28
Todo isto pasou en Betania, pola outra banda do Xordán, onde estaba Xoán bautizando.
29
O outro día, vendo a Xesús, que viña cara a el, dixo: Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo!
30
Este é de quen eu dixen: "Detrás miña vén un home que pasa diante miña, pois existía primeiro ca min".
31
Eu non o coñecía, mais para iso vin eu bautizar con auga: para mostralo a Israel.
32
E Xoán seguiu testemuñando: Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del.
33
Eu non o coñecía, pero o que me mandou bautizar con auga, díxome: "Cando vexas o Espírito baixar e pousar sobre un, ese é o que bautiza co Espírito Santo".
34
E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.
35
O outro día estaba outra vez Xoán con dous dos seus discípulos
36
e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo: Velaquí o Año de Deus.
37
Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús.
38
Volveuse Xesús e, vendo que eles o seguían, preguntoulles: Que buscades? Eles respondéronlle: "Rabbí" (que quere dicir "Mestre"), onde paras?
39
El díxolles: Vide e veredes. E eles foron e viron onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da tarde.
40
Un dos dous que escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro.
41
Vai e ó primeiro que atopa é a Simón, o seu propio irmán, e dille: Encontramos o Mesías (que quere dicir Cristo).
42
E levouno onda Xesús. O velo, díxolle Xesús: Ti es Simón, o fillo de Xoán. Ti haste chamar Kefas (que quere dicir Pedro).
43
O outro día decidiu Xesús saír para a Galilea; atopou a Filipe e díxolle: Sígueme.
44
Filipe era de Betsaida, da vila de Andrés e mais de Pedro.
45
Atopou Filipe a Natanael e díxolle: Encontramos a aquel de quen escribiu Moisés na Lei e mais os Profetas: a Xesús, o fillo de Xosé, o de Nazaret.
46
Contestoulle Natanael: E de Nazaret pode saír algo bo? Filipe díxolle: Ven e verás.
47
Viu Xesús a Natanael, que se achegaba, e dixo del: Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez.
48
Preguntoulle Natanael: E de que me coñeces? Contestoulle Xesús: Antes de que Filipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira.
49
Respondeulle Natanael: —Rabbí, ti es o Fillo de Deus, ti es o rei de Israel.
50
Díxolle entón Xesús: Porque che dixen que te vin debaixo da figueira, xa cres? Pois cousas máis grandes has ver.
51
E concluíu: Con toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo e baixando onda o Fillo do Home.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21