bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 3
John 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 4 →
1
Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeus.
2
Este veu onda el pola noite e díxolle: —Rabbí: sabemos que viñeches de Deus coma mestre, pois ninguén pode facer estes signos que ti fas, non sendo que Deus estea con el.
3
Respondeulle Xesús: Con toda verdade cho aseguro: como un non naza de novo, non pode ve-lo Reino de Deus.
4
Replicoulle Nicodemo: Como pode un home nacer, sendo vello? Pode entrar outra vez no seo da nai e nacer?
5
Respondeulle Xesús: Con toda verdade cho aseguro: como un non renaza pola auga e o Espírito, non pode entrar no Reino de Deus.
6
O que naceu da carne, é carne; e o que naceu do Espírito, é espírito.
7
Non che estrañe que eu che dixese "é necesario que vós nazades de novo".
8
O vento sopra onde quere e ti séntelo zoar pero non sabes de onde vén nin para onde vai. Así pasa con todo aquel que naceu do Espírito.
9
Replicoulle Nicodemo: Como se pode facer isto?
10
Respondeulle Xesús: Ti es mestre de Israel e non o sabes?
11
Con toda verdade cho aseguro: falamos do que coñecemos e testemuñamos o que vimos, pero vós non aceptáde-lo noso testemuño.
12
Se dicíndovos cousas terreas, non credes, como iades crer dicíndovos cousas celestiais?
13
E ninguén subiu ó ceo, fóra do que baixou do ceo, o Fillo do Home.
14
Coma Moisés alzou a serpente no deserto, así debe ser alzado o Fillo do Home,
15
para que todo o que cre nel, teña vida eterna.
16
Pois de tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.
17
Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el se salve o mundo.
18
O que cre nel, non é xulgado; mais o que non cre, xa está xulgado, porque non creu no Fillo Unixénito de Deus.
19
Nisto consiste o xuízo: en que, vindo a luz ó mundo, os homes escolleron a tebra en vez da luz, pois as súas obras eran ruíns.
20
Pois todo o que fai o mal, odia a luz e non vén cara á luz, para que non o delaten as súas obras.
21
Polo contrario, o que obra a verdade vén cara á luz, para que se vexan as súas obras porque están feitas como Deus quere.
22
Despois disto, foi Xesús cos seus discípulos á terra de Xudea, e alí vivía con eles e bautizaba.
23
Estaba tamén Xoán bautizando en Ainón, preto de Salén, porque había alí moita auga e viñan moitos a se bautizar
24
(pois aínda non meteran a Xoán na cadea).
25
Houbo entón unha porfía dos discípulos de Xoán cuns xudeus a propósito da purificación.
26
Foron onda Xoán e dixéronlle: —Rabbí, fíxate, aquel que estaba contigo para alá do Xordán, de quen ti deches testemuño, está bautizando e todos van onda el.
27
Xoán contestou: Ninguén pode recibir nada, se non lle vén dado do ceo.
28
Vós mesmos sodes testemuñas de que eu dixen: "Eu non son o Cristo, senón que me mandaron diante del".
29
A esposa tena o esposo; con todo, o amigo do esposo que está presente e o escoita alégrase de todo corazón coa súa voz. Así é a miña alegría, que agora chega ó seu máximo.
30
El debe medrar, e eu minguar.
31
Quen vén de arriba, está por riba de todos; quen é da terra, á terra pertence e da terra fala. O que vén do ceo, está por riba de todos;
32
do que viu e oíu, disto dá testemuño; pero ninguén acepta o seu testemuño.
33
Quen acepta o seu testemuño, confirma que Deus é verdadeiro.
34
Porque aquel a quen Deus mandou, fala as palabras de Deus, que non dá o Espírito cunha medida limitada.
35
O Pai ama o Fillo e púxolle todas as cousas nas súas mans.
36
Quen cre no Fillo, ten vida eterna; pero quen non obedece ó Fillo non verá a vida, que a ira de Deus pesa enriba del.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21