bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 15
John 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 16 →
1
Eu son a verdadeira vide, e meu Pai é o labrador.
2
O bacelo que en min non leva froito, arríncao; e o que leva froito, límpao, para que leve máis froito aínda.
3
Vós xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado.
4
Permanecede en min e eu en vós. Así como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non permanece na vide, vós tampouco, se non permanecedes en min.
5
Eu son a vide; vós os bacelos. Quen permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non podedes facer nada.
6
Se alguén non permanece en min, é coma os ramos arrincados fóra, que secan; apáñanos, bótanos no lume e arden.
7
Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e hásevos facer.
8
Nisto é glorificado meu Pai: en que levedes froito abondoso e vos mostredes coma discípulos meus.
9
Coma me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor.
10
Se gardades os meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, coma eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor.
11
Díxenvos estas cousas, para que a miña alegría estea en vós, e a vosa alegría sexa plena.
12
Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros coma eu vos amei.
13
Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos.
14
Vós sodes amigos meus, se facedes canto eu vos mando.
15
Xa non vos chamo servos, que o servo non sabe o que fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu Pai déivolo a coñecer.
16
Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós; e púxenvos para que vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza; de xeito que todo o que lle pidades ó Pai no meu nome, volo conceda.
17
Mándovos isto: que vos amedes uns a outros.
18
Se o mundo vos aborrece, sabede que me aborreceu a min antes do que a vós.
19
Se fósedes do mundo, o mundo amaríavos coma cousa propia; pero, como eu vos escollín do mundo, por iso o mundo aborrécevos.
20
Lembrádevos da palabra que vos dixen: non hai servo maior có seu señor; se a min me perseguiron, hanvos perseguir tamén a vós; se gardaron a miña palabra, tamén gardarán a vosa.
21
Todo isto hánvolo facer por causa miña, pois non coñeceron a quen me mandou.
22
Se eu non viñese e non lles falase, non terían pecado; mais agora non teñen escusa polo seu pecado.
23
Quen me aborrece a min, aborrece tamén a meu Pai.
24
Se non fixese entre eles as obras que ningún outro fixo, non terían pecado; mais agora víronas, e aborrecéronme a min e a meu Pai;
25
de xeito que se cumpra a palabra que está escrita na súa Lei: Aborrecéronme sen razón.
26
Cando veña o Paráclito que eu vos hei de mandar de onda o Pai, o Espírito da Verdade que vén do Pai, dará testemuño acerca de min;
27
e tamén vós daredes testemuño, pois levades comigo desde o comezo.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
Recommended Reading
Commentary
John Commentaries
→
Devotional
John Devotional Guide
→
Get This Bible
Galacian (Biblia SEPT) Study Bible
→