bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 20
John 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 21 →
1
O día primeiro da semana María a Magdalena foi ó sepulcro moi cedo, cando aínda era escuro, e viu que a pedra do sepulcro estaba quitada.
2
Botou a correr e, chegando onda Simón Pedro e onda o outro discípulo a quen amaba Xesús, díxolles: Colleron do sepulcro ó Señor, e non sabemos onde o puxeron.
3
Pedro e mais o outro discípulo saíron correndo cara ó sepulcro.
4
Corrían os dous á par. Pero o outro discípulo correu máis lixeiro ca Pedro, e chegou primeiro ó sepulcro.
5
Abaixándose, viu que estaban os lenzos, pero non entrou.
6
Entón chegou tamén Simón Pedro, que o seguía, e entrou no sepulcro. Viu os lenzos pousados alí.
7
Pero o sudario que envolvera a súa cabeza, non estaba cos panos, senón á parte, enrolado noutro lugar.
8
Entón entrou tamén o outro discípulo, que chegara primeiro, ó sepulcro; viu e creu.
9
(Pois aínda non entenderan que, conforme a Escritura, era preciso que resucitase de entre os mortos).
10
Entón os discípulos volveron para a casa.
11
Mentres tanto, María quedara ó pé do sepulcro, na parte de fóra, chorando. Sen deixar de chorar, abaixouse a ollar no sepulcro.
12
Viu dous anxos de branco, sentados, un á cabeceira e outro ós pés do sitio onde xacera o corpo de Xesús.
13
Eles preguntáronlle: Muller, por que choras? Ela respondeulles: Porque colleron ó meu Señor e non sei onde o puxeron.
14
Dito isto, virouse cara atrás e viu a Xesús alí de pé, pero sen se decatar de que era Xesús.
15
Xesús preguntoulle: Muller, por que choras? A quen buscas? Ela, coidando que era o xardineiro, díxolle: Señor, se o levaches ti, dime onde o puxeches, que eu o collerei.
16
Xesús díxolle: María! Ela, virándose, exclamou en hebreo: Rabbuni! (que quere dicir "Mestre").
17
Xesús díxolle: Sóltame, que aínda non subín onda o Pai; máis ben, vai onda os meus irmáns e dilles: "Subo onda meu Pai e voso Pai, o meu Deus e o voso Deus".
18
María Magdalena foilles contar ós discípulos que vira o Señor, e que lle dixera estas cousas.
19
Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles: Paz convosco.
20
Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor.
21
El díxolles outra vez: Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
22
E dito isto alentou sobre eles, e díxolles: Recibide o Espírito Santo:
23
A quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
24
Pero Tomé, un dos Doce, o chamado Xemelgo, non estaba con eles cando chegou Xesús.
25
Dicíanlle entón os outros discípulos: Vimos o Señor. Pero el contestoulles: Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como non meta a miña man no seu costado, non crerei.
26
Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo: Paz convosco.
27
Despois díxolle a Tomé: Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
28
Tomé respondeulle: Meu Señor e meu Deus!
29
Xesús díxolle: Tes fe porque me viches? Benia os que creron sen veren!
30
Moitos outros signos fixo Xesús diante dos seus discípulos, que non se escribiron neste libro.
31
Estes escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus e, crendo, teñades vida nel.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21